Ángel Amor Ruibal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Influencia: arranxiño
á > a (artigo), ó > ao (forma preferente)
Liña 30:
Especial atención merece a súa preocupación [[filoloxía|filolóxica]] polo [[Lingua galega|galego]], alén da reclusión á [[lírica]]: xa daquela afirmaba que "tiña aptitudes para todos os xéneros de forma literaria". Sen perder o tempo en disquisicións terminolóxicas sobre se o galego é [[lingua]] ou [[dialecto]], o seu magno proxecto inacabado era un estudo científico do galego cun dicionario [[etimoloxía|etimolóxico]] mesmo ata o [[sánscrito]], para o que afirmaba "ter recollido bos materiais". Sen caer nos extremos na controversia imperante do celtismo lingüístico e cultural, pon equilibrio na disputa hoxe chamada [[reintegracionismo]]: o galego dende a perspectiva da [[lexicoloxía]] ten forte preponderancia da asimilación galaico-portuguesa, pero é lexítima se non se cae no abuso debido á singular evolución histórica do galego. Á vista disto pode verse o gran sentido práctico de quen podería ter estado vivindo nun á parte especulativo.
 
Neste aspecto de coidado ós asuntos máis concretos, o seu labor persoal estendíase mesmo dende áa realización e composición material dos libros escritos en [[alfabeto]]s non latinos na [[tipografía|prensa]]. No ano [[1927]] cobre a praza de [[vigairo]] capitular, publicando 17 circulares, resolvendo preitos xurídicos e administrativos e organizando coma Gobernador eclesial e Provisor do arcebispo, e abordando temas tan dispares coma o precepto [[Pascua cristiá|pascual]] ou a [[casuística]] das [[bula]]s, a formación seminarista, a organización das mocidades, a prensa católica, promulgación e levantamento de excomuñóns para o enterramento dun suicida ou a renovación do edificio do Seminario.
 
== Influencia ==
Á parte de ser unha das figuras claves da [[filoloxía]] e [[lingüística]] coas que a [[Igrexa católica]] contribuíu óao [[Galeguismo (política)|galeguismo]] (xunto con [[Frei Martín Sarmiento|Sarmiento]], [[Antonio Noriega Varela]] e en xeral toda a xeración do seminario de [[Mondoñedo]]), a súa posición orixinal na resolución da crise modernista, sen darse ó historicismo relativizador nin á ortodoxia fosilizada nun pensamento ahistórico e inxenuamente realista. En boa parte, hai que interpretalo en relación coa Teoloxía liberal protestante (cuxos maiores exponentes españois son [[Miguel de Unamuno]] e mais Amor Ruibal) paralelo ó proxecto de [[Harnack]], independentemente da controversia pro- ou anti-[[escolasticismo|escolasticista]]. Por moito que esta sexa a súa formación, o seu pensamento renovador e a súa fonda intuición non se restrinxiron a este encadramento.
 
No ano 2004 instituíuse o Arquivo Amor Ruibal (en formación no Instituto Teológico Compostelano) que conta con correspondencia, escritos menores do autor, anotacións, fotos e noticias xornalísticas.