Diferenzas entre revisións de «Cinema Novo»

(→‎Orixes: Arranxos)
Os filmes da '''primeira fase''' (1960-1964) representan os obxectivos orixinais do Cinema Novo. Eran filmes formais no ton e rurais no escenario, tratando os problemas da clase obreira, como a fame, a violencia, a alienación relixiosa e a explotación relixiosa. Ao contrario que o cinema tradicional, que mostraba belos actores profesionais en paraísos tropicais, nesta fase os cineastas buscaban os recantos máis escuros da vida brasileira, as ''[[favelas]]'' e o ''[[sertão]]''. O director [[Glauber Rocha]] foi o máis coñecido dos cineastas do momento, con obras como ''[[Deus e o Diabo na Terra do Sol]]'', que foron aclamadas por críticos de todo o mundo.
 
A '''segunda fase''' (1964-1968) comeza co golpe de estado que leva ao Brasil á autarquía militar. Os brasileiros perderon fe nos ideais do Cinema Novo, movemento que prometeráprometera protexer os dereitos civís pero que fracasara en manter a democracia. Os filmes desta fase trataban de desviar as críticas e facer fronte á angustia e perplexidade que sentía o pobo. FíxooFíxose producindo filmes que analizaban o fracaso de certo populismo.
 
A '''terceira fase''' (1968-1972) consistiu nunha mestura de temas políticos e sociais con personaxes e imaxes non afastados da riqueza e vizosidade da selva brasileira. Foi chamada tamén fase tropicalista. Coa modernización do país, o Cinema Novo tamén se volveu máis profesional. Cineastas e espectadores comezaron a sentir que o movemento estaba a contradicir os ideais da súa primeira fase. Esta percepción deu lugar ao nacemento do [[Novo Cinema Novo]], ou ''Udigrudi'', que empregaba unha estética sucia para volver á idea inicial.
[[Novo Cinema Novo]], ou ''Udigrudi'', que empregaba unha estética sucia para volver á idea inicial.
 
== Principais nomes do Cinema novo ==
32.754

edicións