Diferenzas entre revisións de «George Harrison»

→‎1980-1990: texto traducido desde a wiki .es:George_Harrison#1980-1990
m (https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/%C3%A1rea)
(→‎1980-1990: texto traducido desde a wiki .es:George_Harrison#1980-1990)
Tras o [[asasinato de John Lennon]] o [[8 de decembro]] de [[1980]], Harrison sufriu unha grave conmoción, debido en parte ao seu escaso contacto con Lennon e ao enfado deste por non verse mencionado na súa autobiografía.<ref>{{cita web
| obra=Playboy Magazine
| ano=1980
| título=1980 Playboy Interview With John Lennon And Yoko Ono
| data=8-24 de septiembresetembro de 1980
| url=http://www.john-lennon.com/playboyinterviewwithjohnlennonandyokoono.htm
| dataacceso=9 22 de junioabril dedo 20102018
| idioma=Inglés
}}</ref> A morte de Lennon forzou a Harrison a rodearse de medidas de seguridade na súa mansión de Friar Park, en Henley- on- Thames. Pouco despois, modificou a letra de "[[ All Those Years Ago]]", canción que compuxera nun principio para Ringo e que posteriormente serviu de tributo a Lennon no seu álbum ''[[ Somewhere in England]]''. Con [[ Ringo Starr]] na batería e con [[ Paul McCartney| Paul]] e [[Linda McCartney]] nos coros, tanto o álbum como o sinxelo, publicados en 1981, recibiron boas recensións por parte da crítica musical, alcanzando o posto nº2 nas listas de éxitos estadounidenses.
 
Tras a publicación en 1982 de ''[[Gone Troppo]]'', George Harrison viuse apartado do mundo da música un total de cinco anos para dar prioridade a outras afeccións. Durante este tempo, aparecería publicamente no especial ''Carl Perkins and Friends'', con Ringo Starr e Eric Clapton entre os invitados, e gravaría unha canción para a banda sonora de "Porky's Revenge" e o tema "I Don't Want To Do It" de [[Bob Dylan]]. En 1987, regresaría con ''[[Cloud Nine]]'', un dos seus álbums máis loados pola crítica, producido por [[Jeff Lynne]], alcanzando o seu terceiro número 1 en Estados Unidos co single " Got My Mind Set On You". " When We Was Fab", un tema retrospectivo da súa etapa con [[The Beatles]], supuxo tamén un notable éxito. O álbum alcanzou o posto nº 8 nas listas de éxitos estadounidenses e o nº 10 nas británicas, dando a Harrison o seu mellor resultado desde ''[[Living in the Material World]]''.
 
Durante a gravación do tema " Handle With Care" reuniría no garaxe de Bob Dylan a [[Tom Petty]], [[Jeff Lynne]] e [[Roy Orbison]]. O que nun primeiro momento sería a cara B do single "This Is Love" acabaría converténdose na primeira canción gravada por [[Traveling Wilburys|The Traveling Wilburys]], ao considerar a compañía discográfica que o tema era demasiado bo para relegalo a un segundo plano. O primeiro álbum do grupo, gravado en apenas dúas semanas antes de que dese comezo a xira de Bob Dylan, foi publicado en outubro de 1988 co nome de ''[[Traveling Wilburys Vol. 1]]'' e cos nomes dos músicos ocultos tras [[pseudónimo]]s.
 
Unha das empresas desenvolvidas por Harrison durante a época foi a produtora cinematográfica [[Handmade Films]], pouco despois de que EMI Films rexeitase o proxecto ''[[Monty Python's Life of Brian|Life of Brian|]]'', dos [[ Monty Python]]. Handmade Films financiou o proxecto, dando inicio a unha listaxe de películas producidas pola compañía de Harrison entre as que figuran ''Mona Lisa'', ''Time Bandits'', ''Shanghái Surprise'' e ''Withnail and I''. Nalgunhas delas, Harrison chegou mesmo a realizar cameos, como no caso de "Shanghái Surprise" como cantante dun club nocturno, e caracterizado como Mr. Papadopolous en ''Life of Brian''. Un dos cameos máis memorables foi como reporteiro na parodia de [[The Beatles]] ''[[The Rutles]]'', creada por [[Eric Idle]]. A pesar de todo, Handmade Films entraría en quebra debido á mala administración e ás demandas que afectaron as finanzas de Harrison.
 
A comezos de 1989, George Harrison, Lynne e Starr participaron na gravación do tema "I Won't Back Down", de [[Tom Petty]], onde George toca a guitarra eléctrica. Ese mesmo ano ten lugar a publicación do segundo recompilatorio da carreira musical de Harrison, ''[[Best of Dark Horse 1976-1989]]'', cos éxitos da súa etapa baixo o selo [[Dark Horse Records]]. o álbum inclúe dous temas gravados para a ocasión, "Poor Little Girl" e "Cockamamie Business", así como o tema da banda sonora ''[[Arma Letal 2|Lethal Weapon 2]]'' " Cheer Down".
 
== Notas ==
104.555

edicións