Edicións Xerais de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m + ref.
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Edicións Xerais de Galicia, S.A.''' é unha empresa [[editorial]] [[galiza|galega]] con sede na rúa Dr. Marañón de [[Vigo]]. Dende 1988 pertence ao grupo empresarial Anaya<ref>[https://www.xerais.gal/aviso-legal.php Aviso Legal e Datos de empresa] na páxina web de Xerais.</ref>, integrado en [[2004]] no Grupo Lagardère<ref>[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-07-02-2006/abc/Cultura/un-gigante-del-negocio-de-las-armas-crea-el-tercer-grupo-editorial-del-mundo_13240065808.html ''Un gigante del negocio de las armas crea el tercer grupo editorial del mundo''], diario ''ABC'', [[7 de febreiro]] de [[2006]]. Consultado o 21 de abril de 2018 {{es}}.</ref>.
 
==Historia==
Liña 7:
Publica fundamentalmente libros en [[lingua galega|galego]], de tódolos xéneros literarios, así como [[libro de texto|libros de texto]] e de divulgación. Publicou dous dicionarios que se encontran entre os máis difundidos da lingua galega, marcando un fito na difusión editorial da lexicografía xeral: o ''Dicionario Xerais da Lingua'' (de capas laranxas), con algunhas etimoloxías e pronuncias e co que estudaron xeracións enteiras de galegos, e o ''[[Gran Dicionario Xerais da Lingua]]'' do ano 2000, con 2.027 páxinas e de carácter inclusivo, aínda que tamén discrimina as prescricións normativas (na norma daquela, previa á reforma [[normativa]] de 2003). Convoca anualmente o [[Premio Xerais]] de novela, así como o [[Premio Merlín]] de [[literatura infantil]] e dende [[2006]] o Premio Caixa Galicia de literatura xuvenil, que en 2014 pasaría a ser coñecido como [[Premio Jules Verne]]<ref>[http://www.xerais.es/premios.php?premio=xuvenil ''2006, o nacemento, fomentar a creación literaria para público xuvenil''], na páxina web de Edicións Xerais.</ref>.
 
O seu director é [[Fran Alonso]], que sucedeu no cargo a [[Manuel Bragado]]<ref>[https://blog.xerais.es/2018/manuel-bragado-causou-baixa-como-director-xeral-de-xerais-a-peticion-propia/ ''Manuel Bragado causou baixa como director xeral de xerais a peticion propia''], na páxina web de Xerais, abril de 2018.</ref>, e este a [[Víctor Fernández Freixanes]].
 
O fondo editorial chegaba ós 3.300 títulos o 1 de xuño de 2012, dos que 1.600 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados realizáronse en lingua galega, mais tamén se publicaron algúns en castelán, portugués e inglés. Xerais edita, fundamentalmente, en soporte papel.