Historia da informática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Anos 60: arranxiño
Liña 125:
A organización ARPA xunto coa compañía [[Rand Corporation]] desenvolveu unha rede sen nodos centrais baseada en conmutación de paquetes tal e como propuxera Paul Baran. A información dividíase en paquetes e cada paquete contiña a dirección de orixe, a de destino, o número de secuencia e unha certa información. Os paquetes ao chegar ao destino ordenábanse segundo o número de secuencia e xuntábanse para dar lugar á información. Ao viaxar paquetes pola rede, era máis difícil perder datos xa que, se un paquete concreto non chegaba ao destino ou chegaba defectuoso, o computador que debía recibir a información só tiña que solicitar ao computador emisor o paquete que lle faltaba. O protocolo de comunicacións chamouse [[NCP]]. Esta rede tamén incluíu un gran nivel de redundancia (repetición) para facela máis confiable.
 
ARPANET conectou os ordenadores centrais vía ordenadores de pasarela pequenos, ou "[[router]]s", coñecidos como Interface Message Processors (IMPs). O [[1 de setembro]] de [[1969]] o primeiro IMP chegou a [[Universidade de California, nosOs Ánxeles|UCLA]]. Un mes despois o segundo foi instalado en [[Stanford]]. Despois en [[Santa Barbara]] e despois na [[Universidade de Utah]].
 
=== Anos 70 ===