El Niño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
O primeiro meteorólogo prestixioso en suxerir unha explicación razoable do fenómeno de El Niño foi [[Jacob Bjerknes]]<ref>{{cita web|url=http://www.pbs.org/wgbh/nova/elnino/reach/1969.html|autor=Nova|editorial=[[Public Broadcasting Service]]|ano=1998|dataacceso=21 de febreiro do 2016|título=1969}}</ref>, cando dirixiu unha oficina meteorolóxica para os prognósticos do tempo atmosférico anexa ao departamento de física da [[Universidade de California, Os Ánxeles]] (UCLA polas súas siglas en inglés). Bjerknes fundou o departamento de meteoroloxía en devandita universidade, agora transformado no departamento de Ciencias Atmosféricas e Oceánicas. Como profesor nesta universidade, foi o primeiro en relacionar as inusuais altas temperaturas da superficie oceánica con ventos débiles do leste e as intensas choivas que acompañan esta situación e un resumo destas ideas expresouno en forma precisa o Dr. Richard T. Barber cando sinalou que '''"The ocean is clearly driving the atmosphere."''' (O océano claramente dirixe á atmosfera)<ref>[http://library.thinkquest.org/20901/overview_3.htm Jacob Bjerknes. The Synthesizer]</ref>, o cal equivale a dicir que o fluxo de enerxía na atmosfera procede principalmente (aínda que non exclusivamente, como resulta obvio) da [[hidrosfera]] (océanos e mares).
 
En 1969, Bjerknes ofreceu unha alternativa de comprensión do fenómeno coñecido como a Oscilación meridional de El Niño, ao suxerir que un quecemento inusualinfrecuente no Pacífico oriental podería debilitar a diferenza de temperatura (das augas) entre o leste e o oeste, desequilibrando os ventos alisios que son os ventos que empuxan as augas cálidas cara ao oeste. O resultado sería un incremento de augas cálidas cara o leste, é dicir, cara ás costas intertropicais de América do Sur.<ref>{{cita web|url=http://www.pbs.org/wgbh/nova/elnino/reach/1969.html|autor=Nova|editorial=Public Broadcasting Service|ano=1998|dataacceso=26 de setembro do 2015|título=1969}}</ref>
 
O episodio prodrómico iníciase na zona tropical do [[océano Pacífico]], preto de [[Australia]] e [[Indonesia]], e con el altérase a [[presión atmosférica]] en zonas moi distantes entre si, prodúcense cambios na dirección e na velocidade dos ventos e desprázanse as zonas de choiva na rexión tropical.