Xénese: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 51:
Este sistema de traballo dá lugar a un texto que pode resultar difícil para o lector, sobre todo o que se achega por primeira vez a el; ás veces o libro parece contradicirse, ou, noutros casos, cando rematou de explicar algo parece volver a empezar. Pero tamén ten dúas enormes vantaxes:
 
* En primeiro lugar conserva os distintos matices que aportan cada unha das fontes que conforman o libro. Volvendo ao relato da creación, graciasgrazas á xustaposición podemos apreciar o estilo cadencioso e solemne do relato sacerdotal e o próximo e vital do iavista; o Deus señor universal que crea o mundo en sete días, e o Deus próximo, máis antropomórfico, que se preocupa porque Adán está só e lle fai falla unha compañeira.
* A segunda gran vantaxe e para os estudosos: lingüistas, literatos ou historiadores, que poden acceder, case sen atrancos, ás fontes orixinais do libro, o que facilita percorre-lo traballo de redacción coas distintas mans, as súas influencias etc.