Diferenzas entre revisións de «Amchitka»

m
Acento
m (Bot: Substitución da categoría "Illas do Mar de Bering" pola categoría "Illas do mar de Bering")
m (Acento)
'''Amchitka''' é unha [[illa]] [[volcán]]ica nunha zona de inestabilidade [[tectónica de placas|tectónica]]. Forma parte do grupo das [[illas Rat]] no sistema formado polas [[illas Aleutianas]] no suroeste de [[Alasca]]. Ten unha lonxitude de 68 [[quilómetro]]s e varía entre os 3 e os 6 quilómetros de anchura. Ten un [[clima oceánico]], con moitas [[tormenta]]s e con ceos xeralmente nubrados.
 
A illa estivo ocupada durante máis de 2.500 anos polos [[Pobo aleutiano|aleutianos]] ou [[esquimó]]s, pero non houbo unha [[poboación]] permanente desde [[1832]]. IncluiuseIncluíuse na [[Compra de Alasca]] de [[1867]], e desde entón formou parte dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] usouse como [[aeródromo]] para as [[Forzas Armadas dos Estados Unidos|forzas estadounidenses]] na [[batalla das Illas Aleutianas]].
 
Amchitka foi elixida pola [[Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos]] para levar a cabo [[proba nuclear|detonacións]] de [[bomba atómica|armas nucleares]] baixo terra. levaron a cabo 3 probas deste tipo: ''Long Shot'', que produciu unha explosión de 80 [[quilotón]]s en [[1965]], ''Milrow'', que produciu unha explosión de 1 [[megatón]] en [[1969]] e ''Cannikin'' en [[1971]]. Esta última explosión, de "menos de 5 megatóns", é a maior explosión subterránea nuclear que se levou a cabo en chan estadounidense. As probas tiveron moitas críticas, xa que os [[ecoloxía|grupos ecoloxistas]] tiñan medo de que a explosión ''Cannikin'' en particular puidese desencadear graves [[terremoto]]s e [[tsunami]]s.
8.722

edicións