Paulo VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Arranxiño
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
m →‎Papado: arranxiño
Liña 43:
 
=== Papado ===
A morte de Xoán XXIII deixoulle ó seu sucesor a difícil tarefa de levar adiante o [[Concilio]] e aplica-las súas innovacións á vida da [[Igrexa Católicacatólica|Igrexa]]. Para esa tarefa foi elixido Montini en [[1963]], 18 días despois da morte do seu predecesor e a el correspondeulle a apertura da segunda sesión do Concilio Vaticano II o [[29 de setembro]] de [[1963]] e as seguintes sesións ata a súa posta en marcha a partir do [[7 de marzo]] de [[1965]]. O seu pontificado, por tanto, estivo marcado pola concreción do espírito do Concilio na renovación e modernización da Igrexa e das súas ensinanzas, reestruturou as institucións vaticanas, internacionalizou o [[Sacro Colexio Cardenalicio]] reducindo o predominio abrumador dos italianos, descentralizou o poder papal para impulsar unha maior colaboración dos fieis na vida da Igrexa, viaxou por todo o mundo para redobrar a presenza pública da Igrexa e deu un novo impulso ó diálogo ecuménico coas restantes confesións cristiás.
 
As [[encíclica]]s de Paulo VI amosaron a preocupación da [[Igrexa Católica]] por problemas do mundo moderno como o subdesenvolvemento (Populorum progressio, 1967) ou o control da natalidade (''[[Humanae vitae]]'', 1968); pero demostraron tamén a moderación da apertura que producira o Concilio Vaticano II: en contraste co impulso utópico e progresista de Xoán XXIII, Paulo VI amosouse máis conciliador, pragmático e conservador. Así, por exemplo, a incorporación dos fieis á vida da Igrexa non se levou ata as súas últimas consecuencias, e Paulo VI negouse a altera-lo sistema tradicional de elección dos papa para evitar que o conclave se convertese nunha especie de parlamento democrático (1975).