Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Os '''pobos indíxenas de América''', tamén chamados '''amerindios''', '''indios''' ou '''[[Indíxena|nativos americanos]]''' son os nomes dados ós habitantes das [[Américas]] antes da chegada dos [[Europa|europeos]], e os seus descendentes actuais. A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da [[América]] viñeran de [[Asia]] atravesando a pé o [[estreito de Bering]], na [[glaciación]] de hai 62 mil anos atrás.
 
Malia que algúns pobos indíxenas de América eran tradicionalmente cazadores recolectores, especialmente na [[bacía do río Amazonas]], aínda quedan moitos grupos que practican a [[acuicultureacuicultura]] e a [[agricultura]]. O impacto da súa dotación agrícola no resto mundo é unha testemuña do seu traballo na remodelación e no cultivo da flora autóctona das Américas.<ref name="mann">{{cita libro |apelido=Mann |nome=Charles C. |ano=2005 |título=[[1491: New Revelations of the Americas Before Columbus]] |localización=Nova York |editor=Knopf Publishing Group |isbn=1-4000-4006-X|oclc=56632601}}</ref> Malia que algunhas sociedades teñen unha forte dependencia da agricultura, outras practicaron unha mestura de agricultura, caza e recolección. Nalgunhas rexións, os pobos indíxenas crearon arquitecturas monumentais, cidades organizadas a grande escala, sociedades de xefatura, [[estado]]s e [[imperio]]s.
 
Moitas partes de América seguen habitadas por pobos indíxenas e algúns países contan con poboacións especialmente significativas, como [[Belize]], [[Bolivia]], o [[Canadá]], [[Chile]], [[Ecuador]], [[Groenlandia]], [[Guatemala]], [[Güiana]], [[México]], [[Panamá]] e o [[Perú]]. Existen arredor de mil [[Linguas indíxenas de América|linguas indíxenas]] diferentes faladas en América. Algunhas, como o [[Lingua quechua|quechua]], o [[Lingua aimará|aimará]], o [[Lingua guaraní|guaraní]], as [[linguas maias]] e o [[Lingua náhuatl|náhuatl]] contan os seus falantes en millóns. Moitos pobos manteñen prácticas e trazos culturais indíxenas en diferentes graos, incluíndo a relixión, a [[oranizaciónorganización social]] e as prácticas de subsistencia. Como moitas culturas, algunhas evolucionaron para incorporar aspectos tradicionais pero tamén atenden ás necesidades modernas. Algúns pobos indíxenas aínda viven relativamente illados da cultura occidental e uns poucos son [[Pobos illados|pobos non contactados]].
 
== Terminoloxía ==
193.218

edicións