Transatlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 14:
=== Buques de emigración ===
A emigración transatlántica galega comeza tarde, en 1854 tendo coma destino principal a illa de Cuba. Ás armadoras galegas uníronselle compañías internacionais coma Lloyd Norte Alemán, a Hamburg-Amerika Linie, a Compagnie General Trasatlantique, a Pacific Steam Company, a Chargeurs Reunis, a Booth Steam Ship Company, etc. Só en 1913 emigraron 41.835 galegos ou en 1929 27.287 persoas. A miseria que xeran as guerras civil e mundial (a partir de 1945) fan que volvan atracar en Vigo centos de transatlánticos (entre 1946 e 1955 201.706 persoas saíron do porto de Vigo, e máis de 100.000 entre 1956 e 1960.
Os buques de maior presenza foron os alemáns clase "Monte", Monte Pascoal, Monte Oliva, Monte Cervantes e Monte Sarmiento, flanqueados por outros transatlánticos da mesma bandeira coma os Cap Arcona, Cap Polonio, Antonio Delfino, Blücher, General Belgrano, Sierra Morena e Hammonia, afundido ao SO das Illas Cíes en 1923 logo de bater cunha mina á deriva, finando 90 persoas. De bandeira francesa apareceron o Massilia, Lutetia, Cuba, De Grasse e Gallia. De bandeira holandesa: Gelria, Tubantia, Hollandia, Vauban e Spaarndam, e británica: Darro, Desna, Deseado, Andes, Arlanza, Aragon, Alcantara, Asturias, Highland Chieftain, Highland Princess, Highland Monarch ou Reina del Pacifico; esntreentre os españois : Alfonso XIII, Cristobal Colón, Magallanes, Marqués de Comillas, Monte Albertia, Monte Ambot, etc. Despois da Guerra Civil os portugueses Serpa Pinto, Veracruz e Santa María, e os italianos Caribia, Irpinia, Aurelia, Anna C, Andrea C e Enrico C; os franceses Louis Lumiére, Pasteur, Colombie, Flandre e Antilles, os españois Monte Ulia, Monte Umbe, Monte Moncayo, Cabo San Roque e Cabo San Vicente, da Compañía Ybarra, e as unidades da Compañía Trasatlántica Guadalupe, Covadonga, Montserrat eBegoña; e os arxentinos Córdoba, Tucuman, Corrientes, Juan de Garay, Salta, Alberto Dodero, Tucuman, Entre Ríos, Yapeyú, Rio Tunuyán e Libertad.
 
=== Buques de cruceiro ===
Ademais dos buques de emigración, aínda que moito menos numerosos foron os buques de cruceiro turísticos, hoxe con moita forza no porto da Coruña e especialmente en Vigo. O seu número foi aumentando coa entrada dende finais dos anos 60 do século XX até hoxe en día. As visitas máis comúns dende os anos 20 foron transatlánticos ingleses para transportar viaxeiros cara zonas de climas tropicais, coma o Ranchi que arribou a Vigo en 1928 na súa ruta cara Londres con 400 turistas que visitaron en coche Santiago de Compostela, Baiona, A Guarda e Tui; ou en 1929 o Viceroy of India, en viaxe de Southampton a Barcelona con outros 566 cruceiristas, compañía naval que segue a traballar co Porto de Vigo cos seus buques Oriana, Aurora, Arcadia, Azura, Artemis, Oceana e Ventura. Nos anos 30 foron sonados os barcos alemás coma General von Steuben, Milwaukee ou St. Louis; ou os transatlánticos británicos, Melita, Oxford e Ormonde. Nos anos cincuenta, despois da porsguerra que freara estas rutas, chegou o británico Orcades, Iberia e Southern Cross, o holandés Maasdam, o estadounidense New York, o grego Olympia e o liberiano Victoria. Tamén os recombertidos Antilles e Colombie, o inglés Andes ou o español Cabo de Hornos. A mediados dos anos sesenta o porto de Vigo comeza a recibir moitos máis cruceiros coma os franceses Louis Lumière, General Manguin e Antilles, o italiano Eugenio C, do arxentino Alberto Dodero, ou os británicos Duke of Lancaster, Chusan, Arcadia ou Carinthia; os buques de estudo ingleses Devonia, Dunera, Nevasa e Uganda, ou o mítico Canberra, que entre 1970 e 1997 contabilizou 150 escalas en Vigo, cun total de máis de 250.000 cruceiristas.