Clemente I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Obra: arranxiño
m →‎Vida: arranxiño
Liña 46:
Moi pouco se sabe da súa vida. Chamado '''Clemente Romano''', hai fontes que sitúan o seu nacemento en Roma, pero non é seguro. Se facemos caso de [[Ireneo de Lión]] debeu coñecer a [[Pedro, papa|Pedro]] e a [[Paulo de Tarso|Paulo]], [[Tertuliano]] di que foi o propio Pedro quen o coroou bispo, e hai quen sinala que foi escollido papa logo da morte de Pedro, mais que renunciou, deixándolle o bispado romano primeiro a [[Lino, papa|Lino]] e a [[Anacleto, papa|Anacleto]] despois. [[Oríxenes]] di<ref>Donald Attwater. ''The Dictionary of Popes''. The Catholic Book Club. [[Londres]], [[1939]]</ref> que el é o Clemente que aparece como camarada de Paulo na epístola deste aos [[Epístola aos filipenses|filipenses]]<ref>[[Novo Testamento]]. [[Epístola aos Filipenses]], IV, 3</ref>.
 
Hai algúns indicios de que era [[xudaísmo|xudeu]]. A súa morte ten diferentes interpretacións: hai quen di{{Quen}} que morreu naturalmente en [[Roma]] ou en [[Grecia]], e quen apunta, e esa é a teoría oficial apoiada pola [[Igrexa Católicacatólica]], que foi [[martirio|martirizado]]. Pero tampouco neste suposto coinciden as datas nin os lugares, e unhas apuntan a [[Gallípoli]], na costa [[anatolia]], onde fora exiliado por [[Traxano]], e outras fontes o localizan en [[Quersonesos]], en [[Crimea]]. Este martirio, que supostamente se produciu cando o botaron ao mar cunha [[áncora]] ao pescozo, ben puido ser o do [[Cónsul romano|cónsul]] romano Flavio Clemente. E aínda que [[Cirilo]] levou as súas supostas reliquias a [[Roma]] no ano [[868]] para a fundación da [[basílica de San Clemente]], no [[Mosteiro das Covas]] de [[Kiev]] reivindican que as súas reliquias (entre elas, a cabeza) as teñen gardadas eles.
 
== Pontificado ==