Linguaxe humana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ademáis -> Ademais
XoseBot (conversa | contribucións)
m porén
Liña 7:
=== Síntoma, símbolo e signo ===
 
Un '''síntoma''' ou '''indicio''' é un fenómeno ou acontecimento que está asociado a outro pola sua propia natureza. Así, o fume asóciase ao lume e a febre a unha infección. Pola experiencia relacionamos estas parellas e podemos deducir os segundos membros a partir do primeiros. A información que se obtén, sen embargoporén, non parte dunha intención comunicativa por parte dunha persoa.
 
Un '''símbolo''' é un obxecto ou representación que garda relación de semellanza formal con aquilo ao que remete e que se transmite con intención comunicativa. Presenta un [[significante]] que reproduce de forma máis ou menos esquemática os rasgos básicos do que significa. Son exemplos de símbolos os deseños que representan nuves ou o sol nunha cámara fotográfica e que orientan sobre o seu uso. Un símbolo é interpretábel por aquel que coñece os feitos aos que se remete. Os símbolos están inmersos nunha [[cultura]] e, cando se alcanzan certos graus de abstracción só se entenden dentro dun sistema cultural dado. É o caso, por exemplo, da cruz e a media lua como símbolos de dúas relixións. O mesmo símbolo (ou deseño ou significante) pode estar asociado a un significado diferente cando ese significante está inmerso en culturas ou contextos distintos; así, as cruces [[svásticas]] nas [[gravuras rupestres]] ou na ideoloxía [[nazi]].