Sotelo Blanco Edicións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
as gráficas precisan referencias
Liña 3:
 
==Historia==
 
[[Ficheiro:Relación de obras por xéneros.jpg|miniatura|300px|Gráfico de obras publicadas por xéneros (á altura de 2018).{{Cómpre referencia}}]]
A editorial foi fundada no ano [[1980]] polo escritor, editor e xornalista galego [[Olegario Sotelo Blanco]]. Ademais de ter fundado Sotelo Blanco, tamén creou a [[editorial Ronsel]] en [[1992]], que publica obras en [[lingua castelá]].
 
Ten publicado máis de 1000 obras en lingua galega. Nos seus comezos dedicáronse a unha labor de recuperación cultural, editando [[facsímile]]s e libros de conversas con persoeiros. Tamén tiñan unha liña de apoio á poesía, ao teatro e a narrativa a través das coleccións “Leiladoura”, “A Biblioteca do Arlequín” e “Medusa”. Destaca o número de publicacións dirixidas ao público infantil e xuvenil, nas que se promocionan autores e ilustradores galegos como Xavier Mugardos ou Viki Berre, en coleccións como Bolboreta ou Os contos da Mala Malona.<ref name="EGU">{{Cita enciclopedia |artigo=Sotelo Blanco Edicións |enciclopedia=[[Enciclopedia Galega Universal]] |ano=1999-2002 |volume=15 |páxina=386 |editorial=[[Ir Indo]] |isbn=84-7680-288-9}}</ref>
 
[[Ficheiro:Produción anual analizada.jpg|miniatura|300px|Gráfico de títulos producidos por ano.{{Cómpre referencia}}]]
A editorial está especializada na narrativa con coleccións como “Medusa”, “Literaria” e “Biblioteca de traducións” e na poesía destacan as coleccións “Leiladoura” e “Vento que zoa”; tamén publica teatro (“A biblioteca do arlequín”), entrevistas e cuestións de actualidade (“Realidade”), a historia, a literatura, o ensaio e as ciencias humanas (“Clásicos galegos”, “Estudios e investigación”, “A biblioteca do profesor”, “Literaria e crítica” ou “Comarcas galegas”). Teñen un gran número de obras de literatura infantil e xuvenil con coleccións como “12 x 22”, “Sotelo Blanco infantil e xuvenil”, “Os contos de Mala Malona”, “Pip”, “A túa dona”, “Bolboreta” ou “Contos para crecer”. Elaboran material didáctico (“Lectura e escritura”, “Matemáticas”, “Coeducación”, “Música”, “FP-ciclos formativos”, “Actividades didácticas” ou “Libros de texto”) e realizan unha importante labor coa edición de volumes especiais denominados como facsímiles e raros (“Resgate” e “Resgate 2”).<ref> {{Cita enciclopedia |artigo=Edicións Sotelo Blanco |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Galega]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}</ref>