María Reimóndez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Arranxos enlaces internos e algunha referencia
Liña 9:
|lugar_de_falecemento=
|lingua da escrita = [[Lingua galega|Galego]]
|xéneros = [[Poesía]], [[narrativa]], [[ensaio]] e [[teatro]]
|estudos =
|premios =
Liña 18:
|tamaño_sinatura =
}}
'''María Reimóndez Meilán''', nada en [[Lugo]] no [[1975]], é unha escritora galega, doutora en tradución e interpretación pola [[Universidade de Vigo]].<ref>{{Cita novas|data=2017-02-16|xornal=Doctorado en Traducción y Paratraducción|título=Tesis doctoral de María Reimóndez Meilán|url=http://paratraduccion.com/doctorado/portfolio-item/tesis-doctoral-de-maria-reimondez-meilan/|lingua=es-ES|data-acceso=2017-05-15}}</ref> Cultiva tanto a [[narrativa]] e a [[poesía]] coma o [[Ensaio (literatura)|ensaio]] e o [[teatro]].
 
É tamén fundadora da organización de cooperación internacional [[Implicadas/os no Desenvolvemento]], da que foi presidenta ata [[2013]], amais de fundadora da [[Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación]], sendo ela mesma tradutora e intérprete de profesión.
 
== Traxectoria ==
María Reimóndez escribe dende os seis anos, aínda que o seu primeiro libro publicado é de [[2002]] (''Moda Galega''). Na súa mocidade foi gañadora de varios premios, coma o [[Premio Rúa Nova|Rúa Nova]] ou o [[Minerva]]. Tamén colaborou c' ''O son das buguinas'', un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento, organización non gobernamental da que foi fundadora.
 
Colaborou con artigos de opinión na plataforma dixital ''[[Vieiros (xornal)|Vieiros]]'' e no periódico ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]''. Ademais, forma parte do grupo de investigación ''[[Feminario de Investigación]]: Feminismos e Resistencias (Teorías e Prácticas)'' da [[Universidade de Vigo]], onde realiza unha tese sobre a interacción do [[feminismo]], [[poscolonialismo]] e a [[tradución]]<ref>{{Cita web|url=http://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/423|apelidos=Reimóndez|nome=María|data-publicación=29/10/2015|páxina-web=www.investigo.biblioteca.uvigo.es|tipo=Tese Doutoral|título=Teorías e prácticas da tradución feminista e poscolonial no contexto galego : un percorrido pola ideoloxía|data-acceso=17/04/2018}}</ref>.
 
O 8 de marzo de [[2017]] resultou gañadora do I [[Premio Xohana Torres]] de ensaio e creación audiovisual, co ensaio ''Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure''.<ref>{{Cita web|url=http://tm.santiagodecompostela.gal/gl/actividades/premio-xohana-torres|páxina-web=tm.santiagodecompostela.gal|título=Premio Xohana Torres|data=9/3/2017}}</ref>
 
Tamén en [[2017]] gañou o I [[premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade]], convocado polo [[Instituto de Estudos Chairegos]], polo [[Vilalba|Concello de Vilalba]] e por [[Edicións Xerais]] coa obra [[Fóra do normal|''Fóra do norma''l]].<ref>{{cita web|título=María Reimóndez gaña o I premio Fernández Paz de Narrativa|url=http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/maria-reimondez-gana-i-premio-fernandez-paz-narrativa/20171028080046062770.html|editor=Sermos Galiza|dataacceso=2 de novembro de 2017}}</ref>
 
== Obra ==
Liña 35:
* ''Moda galega'' ([[Edicións Positivas|Positivas]], [[2002]]).
* ''kleinigkeiten/cousiñas '' (Fabulatorio, [[2013]]).
* ''Moda galega reloaded'' ([[Edicións Positivas|Positivas]], 2013).
* ''Presente continuo'' ([[Xerais]], 2013).
* ''Galicia en bus'' ([[Xerais]], 2018).
Liña 41:
 
=== Narrativa ===
* ''[[O caderno de bitácora]]'' ([[Edicións Positivas|Positivas]], [[2004]]). Novela.
* ''[[O club da calceta (novela)|O club da calceta]]'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2006]]. Publicada en italiano, como ''Il club della calzetta'', editorial Gran Via, [[2007]], en castelán, como ''El club de la calceta'', editorial Algaida, [[2008]], e en francés, como ''Le Club du tricot'', na editora Solanhets, [[2015]]). Novela.
* ''Pirata'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2009]]). Novela.
* ''En vías de extinción'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2012]]). Novela.
* ''Dende o conflito'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2014]]). Novela.
* ''A música dos seres vivos'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2015]]). Novela.
* ''A dúbida'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2016]]). Novela.
* ''As cousas que non queremos oír'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2017]]). Novela.
 
=== Literatura infanto-xuvenil ===
* ''Usha'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], 2006).
* ''O can trampulleiro'' ([[Comarca do Salnés]]) ([[Editorial Everest|Everest Galicia]], [[2007]]).
* ''Colegas do futuro'' ([[Comarca do Ortegal]]) ([[Editorial Everest|Everest Galicia]], [[2007]]).
* ''Misterio no Deza'' ([[Comarca do Deza]]) ([[Editorial Everest|Everest Galicia]], [[2007]]).
* ''O trasno burlón'' ([[Comarca da Coruña]]) ([[Editorial Everest|Everest Galicia]], [[2007]]).
* ''Unha viaxe no tempo'' ([[Comarca de Quiroga]]) ([[Editorial Everest|Everest Galicia]], [[2007]]).
* ''A videoconsola'' ([[Comarca de Vigo]]) ([[Editorial Everest|Everest Galicia]], [[2007]]).
* ''Lía e as zapatillas de deporte'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2008]]).
* ''O monstro das palabras'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2009]]).
* ''Volvo! O regreso de Usha'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2014]]).
* ''Corredora'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2017]]).
 
=== Ensaio ===
* ''A alternativa está aquí'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2014]]).
* ''Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure'' ([[Universidade de Santiago de Compostela|USC]], [[2017]]).
 
=== Traducións ===
* ''Entre o costume e a ruptura'', de Rachna Mara ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[1998]]). Do inglés.
* ''Ionqui'', de Melvin Burguess ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[1999]]). Do inglés.
* ''Ra e porco'', de Max Velthuis ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[1999]]). Do inglés.
* ''Ra e lebre'', de Max Velthuis ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2000]]). Do inglés.
* ''Ra e pato'', de Max Velthuis ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2000]]). Do inglés.
* ''Ra e rata'', de Max Velthuis ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2000]]). Do inglés.
* ''Boas noites!'', de Rotraut Susanne Berner ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2001]]). Do alemán.
* ''Bos días!'', de Rotraut Susanne Berner ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2001]]). Do alemán.
* ''Orelliñas vai de compras'', de Rotraut Susanne Berner ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2001]]). Do alemán.
* ''As cousas de Berta'', de Roger Collinson ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2002]]). Do inglés.
* ''Onde está Orelliñas?'', de Rotraut Susanne Berner ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2002]]). Do alemán.
* ''Mitos e lendas hindús'' ([[Edicións Positivas|Positivas]], [[2002]]). Do inglés.
* ''Os tres amigos'', de Helme Heine ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2002]]). Do alemán.
* ''O coche de carreiras'', de Helme Heine ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2003]]). Do alemán.
* ''Teatriños ou Aturuxos calados'', de [[Erín Moure]] ([[Editorial Galaxia|Galaxia]], [[2007]]). Do inglés.
* ''Castelo en Francia'', dentro de ''A filla do filósofo'', de Elena Poniatowska ([[Editorial Galaxia|Galaxia]], [[2009]]). Do castelán.
* ''Despois da medianoite'', de Salma ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2011]]).
 
=== Obras colectivas ===
* ''O son das buguinas'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2007]]).
* ''Vanakkam. Benvidas'' ([[Implicadas/os no Desenvolvemento]], [[2007]]).
* ''De cando a primavera cría que era inverno'' ([[Xunta de Galicia]], [[2008]]).
* ''Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2008]]).
* ''Letras novas'' ([[Asociación de Escritores en Lingua Galega]], [[2008]]).
* ''Camiñan descalzas polas rochas'' ([[Tris Tram]], [[2010]]).
* ''II Encontro Cidade da Coruña. Mulleres na literatura'' ([[2010]]).
* ''Cociñando ao pé da letra'' ([[Editorial Galaxia|Galaxia]], [[2011]]). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
* ''Urbano. Homenaxe a [[Urbano Lugrís González|Urbano Lugrís]]'' ([http://anavedasideas.blogaliza.org/files/2011/12/URBANO.pdf A Nave das Ideas], [[2011]]).
* ''As que rubimos montañas'' (Meubook/Implicadas, [[2012]]).
* ''Feminismos'' ([[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]], [[2013]]). Con [[Olga Castro]].
* ''_XX In_éditos_'' ([[Universidade da Coruña]], [[2013]]).
* ''150 Cantares para [[Rosalía de Castro]]'' ([[2015]], [http://rosaliadecastro.org/wp-content/uploads/2015/02/150_Cantares_para_Rosalia-OK.pdf libro electrónico]).
* ''De Cantares Hoxe. Os [[Cantares Gallegos]] de Rosalía de Castro no século XXI'' ([[2015]], [[Fundación Rosalía de Castro]]/[[Radio Galega]]).
 
== Premios ==
* Premio de Novela [[Mulleres Progresistas de Vigo]] en [[2003]], pola obra ''O Caderno de Bitácora''.
* Finalista do [[Premio Merlín]] [[2005]], coa novela xuvenil ''Usha''.
* Finalista do [[Premio Xerais]] [[2005]], [[premio Arcebispo Xoán de San Clemente]] [[2007]], pola novela ''[[O club da calceta (novela)|O Club da Calceta]]''.
* [[Premio Plácido Castro|Premio Plácido Castro de tradución]] [[2009]], pola tradución da obra ''Mary Prince, unha escrava das indias occidentais''.
* [[Premios Fervenzas Literarias|Premio Fervenzas Literarias]] ao mellor libro de ensaio de [[2013]], por ''Feminismos'', escrito con [[Olga Castro]].
* [[Premio Xerais]] [[2014]] coa novela ''Dende o conflito''.
* [[Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia]] no [[2014]], por ''A dúbida''.
* [[Premio Xosé María Álvarez Blázquez|Premio ''Xosé María Álvarez Blázquez'']] da Asociación Galega de Editores ao autor ou autora máis destacado de [[2014]].
* I [[Premio Xohana Torres]] de ensaio e creación audiovisual, [[8 de marzo]] de [[2017]], por ''Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure.''
 
== Notas ==