Gonzalo Constenla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m recat
Liña 1:
{{Biografía}}
 
'''Gonzalo Constenla Bergueiro''', nado na [[A Estrada|Estrada]] en [[1965]], é profesor, escritor e ex político [[Pobo galego|galego]] vinculado ao [[BNG]] e, posteriormente, a [[Compromiso por Galicia]].
 
==Traxectoria==
É licenciado en Filoloxía Inglesa pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] e realizou os cursos de mestrado e doutoramento en estudos ingleses avanzados na Universidade de Vigo. Dende 1990 é titular do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, en que impartiu docencia en Ponferrada, Vigo e Pontevedra, dende 1992 é profesor da [[Universidade de Vigo]] e dende 2008 é catedrático de inglés. Imparte docencia na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, onde é o seu director, e na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo. É membro do Consello de redacción de ''Viceversa. Revista galega de tradución'', e formou parte dos comités de organización de diversos congresos, simposios e seminarios.
 
Desde [[1995]] foi concelleiro do Grupo Municipal do [[BNG]], e en 2000 portavoz do mesmo, na Corporación Municipal da Estrada. De [[2005]] a 2009, foi Delegado Provincial de Medio Rural na [[provincia de Pontevedra]]. De [[2009]] a 2012 foi secretario de Relacións Exteriores e Emigración do BNG.
Liña 24:
===Ligazóns externas===
*[http://www.aestrada.com/index.php/cultura/escritores-de-hoxe/294-biografia-gonzalo-constenla-bergueiro Biografía na web do concello da Estrada]
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Constenla Bergueiro, Gonzalo}}
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]
[[Categoría:Políticos do BNG]]
[[Categoría:Concelleiros da Estrada]]
[[Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia]]
[[Categoría:Nados na Estrada]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]