Sátrapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Liña 1:
[[Ficheiro:دیوار تخت جمشید - ساتراپ‌ها.JPG|miniatura|dereita|280px|Algúns sátrapas do [[Imperio Aqueménida]].]]
[[Ficheiro:Provinces of the Achaemenid empire.png|thumb|250px|Mapa coas provincias (satrapías) do antiguoantigo [[Imperio aqueménida]] ou persa]]
'''Sátrapa'''<ref>{{DRAG|sátrapa}}</ref> (en [[lingua grega|grego]]: σατράπης ''satrápēs'', do antigo [[lingua persa|persa]] ''xšaθrapā(van)'', «protector da terra/país») é o nome que se deu aos gobernadores das provincias dos antigos imperios [[Media (Oriente Medio)|Medo]] e [[Imperio Persa|Persa]], incluíndo a [[dinastía Aqueménida]] e varios dos seus herdeiros, tales como o [[Imperio Sasánida]] e os imperios [[Período helenístico|helenísticos]].
 
== Sátrapas medo-persas ==
O primeiro uso a grangrande escala das satrapías, ou provincias, data da concepción do primeiro [[Imperio Persa]] baixo [[Ciro II o Grande]], ao redor do ano [[-530|530 a. C.]] Porén, as satrapías en si orixináronse durante a época dos medos, desde, polo menos, o ano [[-648|648 a.C.]] Ata a época da [[conquista]] de [[Media (Oriente Medio)|Media]] por Ciro o Grande, os emperadores medos gobernaban os seus territorios conquistados como [[provincia]]s, a través de reis e gobernadores clientes. Como na cultura persa o concepto de dignidade real era indivisible do concepto de divindade, os vinte sátrapas establecidos por Ciro nunca foron reis, senón [[vicerrei]]s que gobernaban en nome do rei, aínda que na realidade política moitos excedéronse nas súas atribucións.
 
[[Darío I]] deudeulles ás satrapías unha organización definitiva, e incrementou o seu número a 23. Os sátrapas eran elixidos directamente polo rei xeralmente entre membros da nobreza. Exercían o poder xudicial e administrativo, cobraban os impostos ([[Inscrición de Behistún]]), encargábanse da orde pública e do recrutamento e mantemento do exército. O propio Darío I encargábase da súa supervisión e control para evitar que se excedesen nas súas funcións.
 
[[Esmerdis]], o predecesor de Darío I, desconfiando respecto da lealdade dalgúns gobernadores, situou un secretario á beira de cada sátrapa para vixiar os seus actos e organizou un grupo de funcionarios coñecidos como os "ollos e oídos do rei", que percorrían o Imperio para valorar sobre o terreo a situación e emitir un informe. A pesar destes controis, cando se producía un acto de sedición, a rápida intervención do exército, facilitada pola rede viaria de comunicacións, acababa co perigo antes de que o movemento provocase o levantamento doutras rexións por sentimentos semellantes.
 
O sátrapa encargábase do cobro dos impostos, controlaba aosos oficiais locais e ásas tribos e cidades vasallas, e era o [[xuíz]] supremo da provincia, ante o cal cada criminal debía ser levado para ser xulgado. Tamén era o responsable da seguridade dos camiños, e tiña que eliminar aosos fuxidos e rebeldes. Para cumprir coas súas funcións contaba coa axuda dun consello de persas, e era controlado polo secretario real e os emisarios do rei, en especial polo funcionario "ollos e oídos do rei", quen facía unha inspección anual e exercía un control permanente.
 
== Sátrapas helenísticos ==
A administración por medio de satrapías e o título de sátrapa en si foron preservados, ata para funcionarios greco-macedonios, por [[Alexandre Magno]], quen conquistou o Imperio Persa e ata o ampliou, e polos seus sucesores, os [[Diádocos]] (e as súas dinastías) quenque o dividiron, en especial no [[Imperio Seléucida]], onde o sátrapa era xeralmente designado como [[strategos]]; pero as súas provincias eran moito máis pequenas que as que mantiñan os persas.
 
== Sátrapas partos e sasánidas ==
No [[Imperio parto]], o poder do rei baseábase no apoio de familias [[nobreza|nobres]] que gobernaban grandes estados, e provían de soldados e tributos aoo rei. As cidades-estado dentro do imperio gozaban de certo grao de independencia, e pagaban tributo ao rei. A administración do [[Imperio Sasánida]] era considerablemente máis centralizada que a do Imperio Parto; o sistema de goberno de reinos semi-independentes e cidades-estado independentes do Imperio Parto foi substituído por un sistema de "cidades reais" que servía de sede de gobernadores designados pola administración central chamados "shahrabs" así como tamén de [[guarnición]]s militares. Os shahrabs gobernaban tanto a cidade como os [[distrito]]s rurais próximos.
 
=== Outros usos do termo ===