Revolta xónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m cambio formato das notas
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Rebelión_de_la_Jonia.jpg|miniatura|394x394px|Mapa das revoltas das cidades xonias previas ás Guerras Médicas.]]
A '''revolta xónica''' representou un episodio decisivo da confrontación entre gregos e persas. Foi impulsada por [[Aristágoras de Mileto|Aristágoras]], o tirano de [[Mileto, Grecia|Mileto]], no ano [[-499]]. Constituíu o primeiro conflito a gran escala entre cidades gregas e o Imperio persa. Moitas cidades ocupadas polos persas en [[Anatolia|Asia Menor]] e [[Chipre]] alzáronse contra os seus dominadores. Os insurrectos lograron tom[[-494|a]]<nowiki/>r [[Sardes]] pero o contraataque persa conduciu á derrota definitiva tras a batalla naval de Lade e a ocupación de [[Mileto, Grecia|Mileto]] en [[-494|-494.]]
 
A súa orixe foi a vontade de [[Darío I]] de controlar as fontes de aprovisionamento de trigo e de madeira para a construción naval de [[Grecia antiga|Grecia.]] Para iso debía atacar, coa axuda dos continxentes gregos xonios, en primeiro lugar, aos escitas, que crearan un poderoso imperio en [[Rusia]] meridional e cuxas relacións comerciais cos gregos eran frutuosas e activas. Estaba, sen dúbida, tamén a intención de controlar a ruta do comercio de ouro, extraído dos [[montes Urais]] ou de [[Siberia]] e co que os escitas comerciaban a gran escala. Algunhas expedicións contra os escitas acabaron nun estrepitoso fracaso, xa que estes aplicaban a táctica da terra queimada ao exército persa. O exército persa escapou do desastre e o cerco grazas á lealdade do continxente grego que gardaba a ponte sobre o [[Río Danubio|Danubio]] (''Ister'').