Aristágoras de Mileto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Contexto histórico ==
Aristágoras era fillo de [[Molpágoras]] e xenro (e sobriño) de [[Histieo]], a quen os persas colocaran á fronte da cidade de Mileto en calidade de tirano. Aristágoras tomou o control da cidade cando Histieo foi promocionado como conselleiro do [[Monarca|rei]] [[Dinastía aqueménida|aqueménida]] [[Darío I]].
 
Cando a maior illa das [[Cícladas]], [[Naxos]], se rebelou no ano [[-502]] instaurando unha [[democracia]] e expulsando aos señores filopersas da illa, estes solicitaron a axuda de Aristágoras, quen aceptou, asumindo que sería recoñecido como líder da mesma.<ref>Heródoto, ''[//gl.wikipedia.org/wiki/Historias_(Her%C3%B3doto) Historias]'', trans. Aubrey de Sélincourt, London: Penguin Books, 1954, 320.</ref> Para iso convenceu a [[Artafernes]], [[sátrapa]] de [[Reino de Lidia|Lidia]] e irmán de Darío I, acerca da conveniencia de tomar o control de Naxos. Artafernes, previa consulta a Darío, aceptou a cambio de que a expedición fose comandada por un persa, [[Megabates]]. Debido a, entre outras causas, as diferenzas habidas entre Megabates e Aristágoras, a expedición ([[-501]]) foi un fracaso, xa que Megabates avisou aos habitantes da illa de que se achegaba a frota para os invadir<ref>Heródoto, ''Historias'', 322-323.</ref>.
 
== Revolta xónica ==
Quizais por medo a ser castigado por Artafernes por haberlle dito que Naxos sería facilmente derrotada, ou quizais pairapara recuperar vía botín de guerra todo o que perdera no asedio a Naxos, Aristágoras provocou que Mileto se rebelase contra Persia. Parece ademais, que recibiu ordes expresas de Histieo de rebelarse (Histieo pretendería supostamente que os persas esmagasen a rebelión para ser reposto no cargo de tirano). No [[-499]], Aristágoras contaba co apoio da maioría dos cidadáns, excepto do xeógrafo [[Hecateo de Mileto|Hecateo]]. Instaurouse unha [[democracia]] e pronto algunhas cidades gregas xonias se sumaron á rebelión. Cada unha podía ter a súa propia razón para facelo. O que parece claro é que o feito de que algunhas outras quedasen á marxe indica que non foi un levantamento conxunto por un sentimento de identidade unitaria, senón máis ben un aproveitamento das circunstancias para sacudirse o dominio persa. Seguramente tiña moito que ver o elevado tributo ao que estaban obrigadas a contribuír.
 
Aristágoras marchou entón a [[Grecia antiga|Grecia]] para solicitar apoio das poles gregas. Pediu inicialmente apoio de [[Esparta]], argumentando que unha invasión a Persia sería fácil e que a capital, [[Susa]], se atopaba só a 3 meses de camiño, pero o rei [[Cleómenes I]] decidiu manterse á marxe. Tivo máis éxito con Atenas e [[Eretria]], capital da illa de [[Eubea]], que enviaron vinte e cinco [[Trirreme|trirremes]] respectivamente coas súas tripulacións, axuda pouco eficaz, pero para Aristágoras, o suficiente para catapultar ese respaldo moral que os sublevados necesitaban.