Mecenas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Poño modelo Biografía
mSen resumo de edición
Liña 11:
'''Caius Cilnius Maecenas''' nado en [[Arezzo]], probablemente o [[15 de abril]] do [[-69|69]] a. C. e falecido probablemente no ano [[-8|8]] antes da nosa era, foi un [[estadista]] [[Roma Antiga|romano]] e [[patrono]] das letras.
 
Mecenas descíadescendía dunha familia [[etrusco|etrusca]] antiga e nobre. Foi conselleiro, colaborador e amigo de [[Octavio Augusto]], a quen mesmo substituíu durante as súas ausencias de [[Italia]]. Posteriormente a relación arrefriou, posibelmente porque Augusto tivo un ''affaire'' coa muller de Mecenas, Terencia, mais no seu testamento designouno único herdeiro. Actuou como mediador nos tratados de [[Tratado de Brindisi|Brindisi]] ([[-40|40]] a. C.) e [[Tratado de Taranto|Taranto]] ([[-37|37]] a. C.).
 
Mecenas foi unha figura chave na vida literaria da época augusta. Animou a súa política cultural, ao protexer e dirixir os creadores de máis prestixio, como [[Virxilio]] (quen lle dedicou as ''[[Xeórxicas]]''), [[Horacio]] (a quen lle regalou Vila Sabina), [[Propercio]], [[Varius Rufus]], [[Plotius Tucca]], [[Valgius Rufus]] ou [[Domitius Marsus]].