Diferenzas entre revisións de «Clarescuro»

Arranxos
(solventar - resolver https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos)
(Arranxos)
A técnica do claroscuro foi popular entre os gravadores ó igual que en pintura, mais caería en desuso durante un longo período. Atinxiría renacida popularidade en [[cine]] da primeira metade do [[século XX]], a través do gosto polas composicións marcadamente estruturadas e a maquillaxe impactante do [[expresionismo alemán]]; aínda que algunhas obras plaśticas expresionistas acudiran á mesma para realzar o efecto dos seus temas —en cadros como o ''Klosterneuburg'' de [[Egon Schiele]] ou o retrato de [[Adolf Loos]] por [[Oskar Kokoschka]]—, o uso do claroscuro no cine foi en boa medida un desenvolvemento orixinal, ó que se acudiu para resolver as limitacións técnicas da [[película fotográfica|película]] e a falta de son, que obrigaban a unha forte estilización visual para compensar.
 
O expresionismo alemán tería curta vida, mais deixaría obras influentes, como o ''[[Nosferatu|Nosferatu, eine Symphonie des Grauens]]'' de [[F. W. Murnau]], en que o claroscuro desempeña un papel central. O traslado de moitos cineastas alemáns ós [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] como consecuencia do auxe do [[nazismo]] levaría ó desenvolvemento dun xénero cinematográfico que aunou as convencións narrativas da ficción policial americana coa influencia visual do expresionismo: o ''[[cinema negro|film noir]]''. Caracterizado polo uso de proporcións desusadas de sombra (ata un 90% da pantalla, contra o 50% a 60% convencional) e o emprego da mesma como artificio dramático —sexa oscurecendoescurecendo elementos de maneira suxestiva, sexa levando á pantalla a silueta dun obxecto invisíbel— o ''film noir'' empregou o claroscuro como medio visual para desenvolver a ambigüidade moral das súas temas. En películas como ''[[OThe falcónMaltese maltésFalcon (filme de 1941)|OThe falcónMaltese maltésFalcon (filme de 1941)]]'', ''[[A noite do cazador]]'' ou '' [[Touch of evilEvil]] '' ennos Estados Unidos, ou ''[[Pepé le Moko]]'' en Francia, o xogo de luces e sombras foi un dos elementos principais da estética.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Técnicas de pintura]]
31.873

edicións