Deputación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Revisión
XoseBot (conversa | contribucións)
m -cia -> -za
Liña 3:
O propio texto constitucional define tamén [[provincia]] dicindo que é unha entidade local determinada pola agrupación de [[concello]]s e división territorial. Esta entidade local, segundo o propio texto, e ao igual cós concellos e comunidades autónomas, gozan de plena autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses. Para esta xestión dota á provincia de persoalidade xurídica propia.
 
A provincia na súa actividade debe garantir os principios de solidariedade e equilibrio entre os municipios que a integran, para o mesmo deberá asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do seu territorio dos serviciosservizos de competencia municipal e a participación na coordinación entre a administración local coa da comunidade autónoma e a do estado.
 
Para o funcionamento da deputación esta organízase en varios órganos de goberno, todas as deputacións terán: o Presidente, os Vicepresidentes, a Xunta de Goberno e o Pleno. Existen outros órganos chamados complementarios co obxectivo de estudar, informar ou consultar os asuntos que serán sometidos a decisión plenaria, neste apartado situánse as coñecidas como "comisións informativas".