Diferenzas entre revisións de «Nazismo»

m
Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores
(Desfíxose a edición 4658152 de 193.144.37.45 (conversa))
Etiqueta: Desfacer
m (Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores)
O [[NSDAP|Partido Nacionalsocialista]] alemán defendía o ''Nationalsozialismus'' 'nacionalsocialismo'. Algunha dereita e extrema-dereita, chegando por veces ata ao centro, en especial en países con máis forte tradición anticomunista (como os [[Estados Unidos de América]]), refírense ao nazismo como unha forma de socialismo, apuntando para o nome, para algunha da retórica nazi e para a [[estatización]] da [[sociedade]] como probas. A xeneralidade da esquerda rexeita esas ideas, apuntando á existencia, desde aínda antes da toma do poder por Hitler, dunha resistencia [[comunismo|comunista]] e socialista ao nazismo, para o carácter internacionalista e fraterno do socialismo, totalmente oposto á teoría e práctica nazi, e para a manutención, polos nazis, de toda a estrutura capitalista da economía alemá, limitada apenas polas condicionantes dunha [[economía de guerra]] e pola abordaxe a aquilo a que os nazis chamaban o "problema xudeu".<ref name="ref1"/><ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.huppi.com/kangaroo/L-hitler.htm|título=Myth: Hitler was a leftist|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</ref>
 
O [[ditador]] [[Adolf Hitler]] chegou ao poder como líder dun partido político, o [[Partido Nazi|Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores Alemáns]] (''Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei'', ou NSDAP). A Alemaña deste período é tamén coñecida como "Alemaña nazi" e os partidarios do nazismo eran (e son) chamados nazis. O nazismo foi prohibido en Alemaña moderna, aínda que pequenos grupúsculos de simpatizantes, chamados [[neonazismo|neonazis]], continúen a existir en Alemaña e noutros países. Algúns [[revisionismo histórico|revisionistas históricos]] difunden [[propaganda]] que nega ou minimiza o [[Holocausto]] e outras accións dos nazis e tenta deitar unha luz positiva sobre as políticas do réxime nazi e os acontecementos que ocorreron baixo el.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.historytoday.com/ian-kershaw/hitler-myth|título=The Hitler Myth|editorial=History Today|data=11 de novembro de 1985|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</ref>
 
== Teoría ideolóxica ==
Está claro que Hitler e os outros líderes nazis utilizaron o [[simbolismo]] e emoción cristiás como propaganda ante o público alemán, maioritariamente cristián, mais continua a ser controvertido saber se Hitler se consideraba, ou non, cristián. Algúns autores cristiáns tentaron tipificar a Hitler como [[ateísmo|ateo]] ou [[ocultismo|ocultista]] — ou mesmo un satanista — en tanto que autores non-cristáns puxeron énfase na utilización externa da [[doutrina]] cristiá, sen dar importancia ao que podería ter sido a [[mitoloxía]] interna do partido. A existencia dun Ministerio de Asuntos da Igrexa, instituído en [[1935]] e liderado por [[Hanns Kerrl]], foi case ignorada por ideólogos como [[Alfred Rosenberg]] e por outros responsables políticos.
 
As relacións do Partido Nazi coa [[Igrexa Católicacatólica]] son aínda máis polémicas. Moitos padres e líderes católicos opuxéranse con vigor ao nazismo, dicindo que era incompatible coa moral cristiá. Tal como aconteceu con moitos opositores políticos, moitos destes cregos, como [[Carl Lampert]] ou [[Engelmar Hubert Unzeitig]], foron condenados aos [[campo de concentración|campos de concentración]] pola súa [[oposición]]. A pesar diso, a xerarquía da Igrexa, representada polo [[Pío XII, papa|Papa Pio XII]], mantívose basicamente silenciosa, e as alegacións de complicidade papal son hoxe lugar común. Tamén existían líderes católicos pro nazis, como o [[Bispo]] [[Alois Hudal]].
 
== Nazismo e fascismo ==
102.737

edicións