Copépodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: lv:Airkājvēži, nn:Hoppekreps
XoseBot (conversa | contribucións)
m -cia -> -za
Liña 17:
O tronco está composto polo tórax e o abdome. O extremo anterior é redondeado ou terminado en punta. Presentan un único ollo, ollo nauplio, en posición media, característica típica e conspicua da maioría dos copépodos. Tamén son conspicuas as primeiras antenas unirrámeas (non divididas), que son xeneralmente longas e están estendidas en ángulo recto respecto ó eixo lonxitudinal do corpo.
 
A cabeza está fusionada co primeiro dos seis segmentos torácicos e ás veces tamén co segundo. O primeiro par de apéndices torácicos modificouse en forma de maxilípedos ó servicioservizo da alimentación. Os cinco apéndices torácicos restantes, a excepción do último ou dos últimos pares, son máis ou menos parecidos e birrámeos (divididos en dous), de forma bastante simétrica. Os membros dereito e esquerdo de cada par de apéndices torácicos están unidos entre si por unha placa exoesquelética entre as articulacións coxais. Esta unión permite que as dúas patas batan simultaneamente.
 
O abdome está composto de cinco segmentos, que son polo xeral máis estreitos que os torácicos. Non hai apéndices abdominais a excepción dun único par de ramas caudais no telson. Nalgunhas especies [[plancto|planctónicas]] mariñas estas ramas están desenvolvidas de forma espectacular. En ''Calocalanus pavo'', por exemplo, cada rama está xirada lateralmente e porta catro longas sedas en forma de pluma.