Batallón Literario da Costa da Morte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Membros: referencia
Etiqueta: edición de código 2017
mSen resumo de edición
Liña 3:
O Batallón inclúe unha amplo número de integrantes procedentes na súa maioría da Costa da Morte e de diversas idades. Podemos destacar algúns nomes a parte dos anteriores como [[Alexandre Nerium]], Mónica Góñez ou [[Concha Blanco]]. Entre os seus participantes non só se atopan poetas, se non tamén importantes narradores e narradoras como por exemplo [[María Canosa]].
 
É salientábel a súa organización e participación en certames e recitais poéticos. Tamén publicaron algúns volumes colectivos e un boletín poético.
 
== Membros ==
Entre os membros deste grupo literario podemos salientar os seguintes:
 
* [[Estevo Creus]]: poeta e psicólogo natural de [[Cee]] e un dos fundadores do Batallón Literario da Costa da Morte. Tiña experiencia como narrador mais a súa primeira obra poética publícaa estando dentro do grupo. Gañou varios premios literarios como, por exemplo, o [[Premio Miguel González Garcés]] coaco seu poemario ''Areados.''
 
* [[Alexandre Nerium]]: de orixe fisterrá, este escritor comezou a súa carreira literaria co Batallón e incluso chegou a ser o  seu presidente. O seu pasado como mariñeiro está presente nos seus poemas coa temática mariña. Foi gañador odo [[Premio Rosalía de Castro de Lingua|Premio Rosalía de Castro]] no 1996.
 
* [[Miro Villar]]: escritor, tradutor, crítico literario e profesor orixinario de [[Cee]]; é tamén doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Conta cunha obra moi ampla. Escribiu [[poesía]], [[Ensaio (literatura)|ensaio]] e narrativa sendo premiado en todos estes xéneros. Foi o primeiro presidente do Batallón. Destacamos ''Abecedario da desolación'' galardoado doco Premio Tívoli-Europa (1998) e o Premio Concello de Carral con ''As Crebas'' (2010).
 
* [[Rafa Vilar|Rafa Villar]]: licenciado en [[filoloxía galego-portuguesa]] e un dos fundadores da editorial [[Letras de Cal|Letra de Cal]]. Deuse a coñecer en 1992 ao gañar o [[Premio Fermín Bouza Brey]] con ''Liques da Memoria''. É irmán de Miro Villar.
 
* [[María Lado]]: é natural de [[Cee]] tamén e comezou a escribir co Batallón Literario,  onde publicou os seus primeiros textos nos libros colectivos do grupo. A súa primeira obra de poesía individual foi ''A primera visión (1997).''
 
* [[Modesto Fraga]]: é autor fisterrá que colaborou en moitas publicacións poéticas colectivas e en revistas como [[Dorna (revista)|''Dorna'']]. Recibiu varios premios tales como o do Concello de Carral pola súa obra ''Devalar sen pel.''
 
* [[Marilar Aleixandre]]<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/corcubion/2017/01/29/escintileo-do-batallon-literario-da-costa-da-morte/0003_201701C29C12991.htm Marilar Alexandre na prensa]</ref>: escritora, tradutora e bióloga de orixe madrileño; ten unha ampla obra na que cultivou varios xéneros. Destaca como autora de [[Literatura infantil e xuvenil|literatura infantil e xuveni]]<nowiki/>l. Actualmente é membro da Real Academia Galega. Gañou o [[Premio Merlín]] de [[literatura infantil]] no 1994 por ''[[A expedición do Pacífico]]'' e foi a primeira muller en facerse co [[Premio Xerais]] con ''Teoría do Caos'' en 2001.
Liña 34:
O Batallón organizou e participou nunha gran cantidade de certames poéticos xa que consideraban que era importante que a poesía saíse a rúa é fose recitada en voz alta. No ano 1997 foron arredor duns 50 recitais os realizados, e acabaron representando a Galicia no Encontro Iberoamericano de Cultura. Celebraron varios encontros de Escritores e Escritoras da Costa da Morte.
 
Editaron ademais catro números dun boletín estacional chamado ''[[Feros Corvos]]'', cuxo nome está sacado dun verso do poema "Feros Corvos de Xallas" da obra ''[[Queixumes dos pinos|Queixumes dos Pinos]]'' de [[Eduardo Pondal|Ponda]]<nowiki/>l, co que comezan os diferentes exemplares: «Feros corvos de Xallas / que vagantes andás». O primeiro dos números foi publicado en febreiro de 1997. Distribuíano gratuitamente pola Costa da Morte e por outros lugares polos que pasaban. Estaba formado por catro páxinas e cada número tiña unha cor, onde publicaban os seus poemas orixinais.
 
 
 
Publicaron tres volumes poéticos: