Arthur Schopenhauer: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Listaxe de obras: títulos corrixidos, retiro o aviso |
m →Traxectoria: título orixinal |
||
Liña 9:
En [[1811]] trasladouse a [[Berlín]], onde amosou certo interese polas disertacións de [[Schleiermacher]] e de [[Fichte]]. En 1813, tras unha breve estadía na casa familiar de Weimar, na que coñeceu a Goethe -amigo de súa nai, tamén escritora- e o orientalista [[Friedrich Majer]], encerrouse en Rudolstadt, onde acabou de redactar a súa tese de doutoramento, ''Über die vierfache Wurzel des Satzes vom zureichenden Grunde'' ([[1813]]), que presentou para o título de doutor na [[universidade de Jena]]. Trala tese, durante os catro anos que residiu en [[Dresde]], compuxo a súa obra principal ''Die Welt als Wille und Vorstellung'' (''O mundo como vontade e representación''), que non tivo o éxito que lle prevía, pero que coñeceu dúas novas edicións en vida do autor (a segunda en 1844, con 50 novos capítulos, e a terceira en 1859).
En 1820 conseguiu ser profesor da [[universidade de Berlín]], onde leccionou criticamente sobre [[Hegel]], sen éxito, durante seis meses. Viaxou por toda Italia visitando Florencia, Roma, Nápoles e Sicilia ata que, de volta en Berlín, decidiu retirarse a [[Frankfurt]] do Meno en [[1831]], onde levou unha existencia burguesa, célibe e apracible, durante case trinta anos. En [[1836]] publicou ''Über den Willen in der Natur (Sobre a vontade da natureza'') e en 1851 unha colección de ensaios e aforismos, ''Parerga e Paralipomena'', que por fin lle deron sona en vida. De carácter intransixente e pouco favorable ó contacto humano, gañou unha merecida fama de irredutible [[misántropo]]. Morreu por mor dunha [[pleurite]].
== Ideas filosóficas ==
|