Cañita Brava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
m Cañita brava movida a Cañita Brava: Maiúscula (nome propio)
XoseBot (conversa | contribucións)
m porén
Liña 8:
É aquí onde a historia de Cañita se tinxe de controversia, pois ao longo dos anos, moito se ten publicado acerca de sobre quén recae o dudoso privilexio de descubrilo e presenta-lo seu talento en ''El semáforo''. Aínda que hai quen insiste en que o responsábel da primeira aparición de Cañita no programa é [[Narciso Ibáñez Serrador]], "Chicho", o admirado creador de programas da entidade de ''Un, dos, tres'', nalgunhas entrevistas o propio Cañita outórgalle todo o mérito do seu salto á fama a Juan Ballesteros, un dos empregados de Chicho na produción de ''El semáforo''. Polo tanto, aínda que Chicho foi o creador e director do programa, Ballesteros foi quen trouxo a Cañita á súa atención e lle dixo, en palabras do propio artista galego, "que le convenía" aceptalo como participante. Tampouco é certo que Chicho fose o seu representante, como máis dunha vez se ten especulado, pois Serrador endexamais se pronunciou ao respecto e, ademais, probabelmente tería traballo dabondo coa preparación semanal de ''El semáforo''.
 
A pesar de ser coruñés, Cañita poucas veces ten interpretado cancións en galego; sen embargoporén, o seu talento compositivo sen límites permítelle cantar en varias linguas, como tivémo-la ocasión de comprobar non só nas súas clásicas aparicións en ''El semáforo'', senón tamén máis recentemente en ''Somos unha potenzia'', o show de variedades da [[TVG]] presentado por [[Carlos Blanco]], quen se sorprendeu do talento políglota de Cañita. De feito, grande parte da crítica coincide en afirmar que, a pesar da semellanza melódica que existe na meirande parte das cancións de Cañita, a súa mestría compositora en varias linguas non ten precedentes nin sequera nos temas en latín que [[Cat Stevens]] gravou a finais dos anos 70. Sempre parco en verbas, Cañita quítalle importancia a este don tan especial: "Componer en idiomas, se puede componer. Yo escucho una palabra en un idioma y la meto en la canción y ya sé". Sen dúbida, verbas lúcidas, aínda que crípticas dabondo, pero verdadeiramente dignas de todo un xenio da música e da poesía.
 
A finais da década dos noventa, cando a súa fama ía decrecendo debido en parte á saturación da oferta friki na televisión (unha tendencia que el axudara a crear e da que agora, ironicamente, estaba a ser vítima), Cañita tiña aínda un as gardado na manga. En 1998 deu o salto á grande pantalla da man de [[Santiago Segura]], cun moi pequeno papel no film de grande éxito ''[[Torrente, el brazo tonto de la ley]]'', película na que compartía cartel xunto con actores da categoría de [[Tony Leblanc]], o tamén galego [[Manuel Manquiña]], [[Chus Lampreave]] ou o propio Segura. A frase estelar de Cañita --"me debes tres mil pesetas de whisky"-- tivo tal popularidade que cando Segura se decidiu a face-la terceira parte da saga de ''Torrente'', pediulle a Cañita que voltase a aparecer e pronunciase esa mesma frase pero desta volta traducida a euros, para amosar que, a pesar do troco de moeda, Cañita seguía a ser un actor que dicía as súas frases con grande aplomo.