Skarmento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 23:
En xullo do [[2010]] chega a saída do terceiro disco gravado entre AreaMaster e Garageland. A presentación tivo lugar no Bauhaus de [[Lalín]] xunto ao grupo [[Novedades Carminha]]. En agosto de [[2013]] publican o seu cuarto disco tralo que comparten cartel cos [[Cock Sparrer]] en [[Girona]].
 
Xa en [[2014]] con Komando Burundi organizan o concerto cos parisinos [[Lion′s Law]] en Ourense. A xira galega ″Donra Punk Invasion″ xunto cos grupos punk de [[Donramiro]] [[Nobody′s fool]] e [[Última Sacudida]] por Burela, no Centro Social Xebra, no Distrito 9, do barrio de Coia ou no [[Centro Social Artabria]] de [[Ferrol]]. Tralos concertos o grupo retirouse ao estudio para gravar os temas elixidos de ''Donra Vs Mondra (Split w/ Aggressive Combat)'', ″Non agardes paz″ e ″Penélope″, unha adaptación do poema de [[Xosé María Díaz Castro]]. A partir do verán contactan cos [[Albert Fish]] de [[Lisboa]] que deriva na edición dun sete polgadas que incluiría dous temas de cada unha das bandas. O deseño do vinilo incluíu un gravado de [[Luís Seoane]] pertencente ao libro ″Imágenes de Galicia″. Seguido a súa publicación pecharon o ano con festivais no [[Hard Club]] do [[Porto]], antigo [[Mercado Ferreira Borges]] e no Ospa Taberna de [[Gernika]].
 
== Libro ==