Cuco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ligazón e parasitismo
Nicole (conversa | contribucións)
m →‎Reprodución: referencia requerida para o carrizo como hóspede
Liña 41:
== Reprodución ==
[[Ficheiro:Reed warbler cuckoo.jpg|miniatura|Os polos de cuco son frecuentemente meirandes cós seus pais adoptivos'']]
Os cucos maduran sexualmente cando cumpren o ano. A época de poñe-los ovos vai de maio a xullo. As femias poñen os seus ovos nos niños de aves paseriformes, cada un nun niño distinto. En xeral, cada femia ten preferencia polos niños dunha especie, aquela que a criou cando ela mesma naceu. Os hóspedes preferidos son as [[folosa]]s (''Acrocephalus''), as [[papuxa]]s (''Sylvia''), as [[lavandeira (ave)|lavandeiras]] (''[[Motacillidae]]''), as [[azulenta]]s (''Prunella''), o [[picanzo vermello]] (''Lanius collurio''), o [[Carrizo (paxaro)|carrizo]]{{ReferenciaRequerida}} (''Troglodytes troglodytes'') e os [[rabirrubio]]s ''(Phoenicurus)''.
 
As femias de cuco pasan moito tempo observando a conduta dos posibles pais adoptivos mentres estes están a construír os seus niños e a poñer os ovos. Os cucos teñen que sincronizar a súa posta co momento en que a especie parasitada empeza a poñer. Os métodos polos que acada nesta sincronización son descoñecidos.