Arcebispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m corrixir ortografia
XoseBot (conversa | contribucións)
m porén
Liña 1:
Un '''arcebispo''' (Do [[idioma grego|grego]] αρχεπίσκοπος, ''archepiskopos'': ''arche'' > primeiro, e ''epi-skopos'' > supervisor) é un membro pertencente á [[bispo|orde episcopal]] cristiá, pero goza dun status superior ao dos "simples" bispos; xeralmente están ao fronte dunha [[diocese]] particularmente importante, xa sea polo seu tamaño, a sua relevancia histórica ou por ámbalas dúas, chamada [[arquidiocese]]. Cando un bispo se converte en arcebispo non está sendo, de ningún modo, ordenado nin está recibindo ningún [[sacramento (relixión)|sacramento]]; en contraste (nos ritos [[anglicanismo|anglicano]], [[igrexa católica|católico romano]] e [[igrexa ortodoxa|ortodoxo]]) alguén que é [[orden Sacerdotal|ordenado]] bispo está sendo consagrado.
 
Un arcebispo non ten, por forza, maior poder que un bispo; sen embargoporén, están a cargo de dioceses máis prestixiosas. De calquera modo, moitos arcebispos son tamén os [[bispo metropolitano|metropolitanos]] da [[provincia eclesiástica]] na que se localiza a súa arquidiocese. Nas igrexas occidentais (p. ex. a Católica Romana o a Anglicana), este é case sempre o caso. Porén, na Igrexa Católica Romana, os arcebispos que non son tamén os metropolitanos son chamados '''Arcebispo ''ad personam''''', e non teñen dereito a usar o [[palio]]. Nas Igrexas eslavas orientais (tanto Católica como Ortodoxa) os arcebispos e os metropolitanos están diferenciados, ainda que un metropolitano pode ser chamado ''arcebispo metropolitano''. Na [[Igrexa Ortodoxa]], os arcebispos detentan un rango maior que o dos metropolitanos e teñen os mesmos dereitos que os metropolitanos ortodoxos eslavos (orientais). A distinción entre arcebispos / metropolitanos continúa, xeralmente, o mismo patrón na [[Igrexa Ortodoxa Oriental]] e na [[Igrexa Ortodoxa Eslava]]