National Audubon Society: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/%C3%A1rea
Liña 124:
Audubon foi un importante instrumento no rescate de aves nas zonas húmidas da costa do [[Golfo de México]] na vertedura de petróleo de 2010 da compañía [[British Petroleum|BP]], que foi a maior vertedura de petróleo accidental no mar na historia da [[industria do petróleo]]. Audubon recrutou uns 34.000 voluntarios para axudar no rescate, limpeza e liberación de [[Pelecanus occidentalis|pelicanos pardos]] danados e outras aves acuáticas. Ademais, Audubon foi líder en impulsar a lexislación para usar as sancións impostas a BP para reconstruír os [[ecosistema]]s na costa do Golfo.
 
As iniciativas costeiras en Luisiana e río Mississippi de Audubon axudaron a restaurar as zonas húmidas costeiras e reconstruír as marismas do delta do Mississippi. O delta do Mississippi perde ununha área do tamaño de [[Manhattan]] cada ano erosionada polo mar, destruíndo as proteccións costeiras, o que afecta tanto ás comunidades humanas coma aos hábitats de vida silvestre.
 
O programa de Áreas Importantes para as aves de Audubon protexe 370 millóns de [[acre (unidade de superficie)|acres]] ao longo das vías migratorias de aves en EUA e é unha parte clave do traballo de Audubon con [[BirdLife International]] e outros conservacionistas arredor do mundo. Audubon lidera a campaña para a Reautorización do Congreso de EUA da Lei de Conservación de Aves Neotropicais, que xeraría uns 100 millóns cada ano para avanzar na conservación de aves hemisférica.