Cando petan na porta pola noite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 49:
Un día estaba o Teixo nun campo e empezoulle a contar a súa historia a un home, o que pasaba era que o fornadas, que así o chamaban agora, era vítima da vella dende o inferno, a vella aparecíalle cada noite e por algunha forma estraña collíalle un órgano do corpo do fornadas e comíao fitando para el, ata que o deixou baleiro e morreu, cando lle fixeron a autopsia no tiña nin un só órgano.
 
=== "A loba embarazada" ===
Había un rapaz moi xeitoso chamado Silvestre, e moi botado a mocear con moitas rapazas a vez. Un día ía camiñando e tivo que pedir acubillo na casa dos de Revoldás, eles tiñan unha filla moi xeitosa chamada Isaura, e o rapaz rapidamente empezou a mocear con ela e a Isaura quedou en estado, e o Silvestre mesmo lle dou palabra de casar con ela, pero un día alá marcharon os dous a Coruña pola mañá e volveron pola noite.