Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 35:
 
A primeira gravación da que se ten constancia realizouna o ''Coro Cantigas e Aturuxos'' de [[Lugo]] o [[19 de nove
 
== Xénese e motivos do texto ==
O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron [[Eduardo Pondal]] e [[Pascual Veiga]] en [[1890]], no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envioulle un primeiro texto que titulou ''[[Breogán]]''. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.
 
O texto definitivo publicouse xa como ''Os Pinos'' por primeira vez o [[22 de maio]] de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº 4 da Coruña para elixir a mellor Marcha Rexional Galega. O texto apareceu tamén n'''[[A Monteira]]'' e en ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'' da [[Habana]]. Ao final, aínda que houbo ensaios, o himno non se chegou a interpretar. A maioría das versións do texto derivan do texto que apareceu na número 18 da revista ''[[Galicia (A Habana)|Galicia]]'' da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola [[RAG]], de ''Queixumes dos pinos'', base das versións modernas do texto.
 
O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara a liberación. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o [[pobo galego]] como [[nación|entidade nacional]] histórica.
 
O nome do país non figura en ningures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "[[Nazón de Breogán|Fogar]]" e á "[[Nazón de Breogán]]".
 
Ademais do [[celta (cultura)|celtismo]] e do [[helenismo]] sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.
 
== Letra ==