Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Himno_de_Galicia.ogg" que foi borrado en Commons por Srittau. Motivo: per c:Commons:Deletion requests/File:Himno de Galicia.ogg
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 29:
== Historia ==
[[Ficheiro:Tumba de Pascual Veiga.jpg|miniatura|dereita|Sepultura de [[Pascual Veiga]], autor da música do himno galego, no antigo cemiterio de Mondoñedo.]]
Estreouse na cidade da [[Habana]] o [[20 de decembro]] de [[1907]] e, ao igual que a [[bandeira de Galicia]], é froito da emigración. Desde [[1907]] até [[1923]], o himno galego foi cantado por [[Rexionalismo galego|rexionalistas]] e [[Agrarismo|agraristas]] nos seus actos e devagariño foi sendo aceptado e recoñecido como tal, impoñéndose a outras propostas como o ''Himno da Acción Gallega''. Cando se prohibiu o uso durante a [[ditadura]] de [[Miguel Primo de Rivera]], as [[sociedades galegas]] de [[América]] intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] acadou un certo grao de recoñecemento, porén non chegou a ser considerado oficialmente como Himno de Galicia.
 
Sufriu un rexeitamento frontal durante o período do [[franquismo]] no [[Estado español]], e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, todo o máis, en actos culturais, e unicamente a modo de simple canción, unha máis de tantas do vasto [[folclore galego]]. Dende [[1960]] comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos [[Ideoloxía|ideolóxicos]]. En concreto, cantábase só a primeira parte.
 
En [[1975]], mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se erguer das cadeiras para entoalo. Ao ano seguinte instaurouse este [[costume]] de xeito definitivo na [[praza da Quintana]], sendo así mesmo ratificado polas autoridades competentes e asistentes ao acto. Ao cabo, a maioría dos partidos non nacionalistas haberíano asumir no decorrer da [[Eleccións Xerais 1977 en España|campaña electoral de 1977]].
 
A primeira gravación da que se ten constancia realizouna o ''Coro Cantigas e Aturuxos'' de [[Lugo]] o [[19 de novembro]] de [[1918]].nove
 
== Xénese e motivos do texto ==