Visón americano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Tegel (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.40 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei
Etiqueta: Reversión
Liña 1:
{{Taxobox
| name = Visón americano
| status = LC
| image = MinkforWiki.jpg
| image_width = 250px
| regnum = [[Animalia]]
| phylum = [[Chordata]]
| subphylum = [[Vertebrata]]
| classis = [[Mammalia]]
| subclassis = [[Theria]]
| infraclassis = [[Placentalia]]
| ordo = [[Carnivora]]
| subordo = [[Caniformia]]
| infraordo = [[Musteloidea]]
| familia = [[Mustelidae]]
| subfamilia = [[Mustelinae]]
| genus = [[Neovison]]
| species = '''N. vison'''
| binomial = Neovison vison
| binomial_authority = ([[Johann Christian Daniel von Schreber|Schreber]], [[1777]])
| synonyms = ''Mustela vison''
| range_map = American Mink area.png
| range_map_caption = Distribución da especie
}}
O '''visón americano''' ('''''Neovison vison''''') é un [[mamífero]] [[Carnívora|carnívoro]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[mustélidos]] semellante á [[Martes martes|martaraña]]. Ten a testa ancha, orellas moi curtas e unha pelaxe lustrosa de cor parda uniforme, cunha raia máis escura no lombo e patas curtas con pés anchos. A súa pel é moi estimada pola [[industria peleteira]].
 
O visón americano críase en granxas para aproveitar a súa pelaxe en abrigos de pel. Os escapes de animais de granxa e a liberación intencionada por parte de presuntos grupos ecoloxistas permitiron o seu establecemento como [[especie invasora]], poñendo en grave risco ao visón europeo (''[[Mustela lutreola]]'') e danando gravemente a dinámica dos [[ecosistema]]s que ocupa.
 
É transmisor da [[plasmocitosis]] ou enfermidade Aleutiana do Visón (ADV) causada por un [[parvovirus]], que confire aos exemplares portadores dun determinado xene unha importante deficiencia inmunitaria que chega a causar a morte. Os exemplares infectados que non posúen este xene, sen desenvolver a enfermidade son portadores da mesma, podendo
transmitila a outros mustélidos, especialmente visones europeos e americanos.
 
Orixinario de [[América]], a área de distribución natural do visón ocupa a maior parte dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e no [[Canadá]], dende os límites da [[tundra]] ata as rexións áridas do sur do continente.
 
=== O visón americano en Galicia ===
O visón americano foi introducido en Galicia na década de 1960 pola industria peleteira. As sucesivas soltas por grupos ecoloxistas e escapes fixeron que se asentasen varias poboacións desta especie ao longo de Galicia.