Diferenzas entre revisións de «Universo»

m
https://academia.gal/dicionario/-/termo/%C3%A1rea
m (https://academia.gal/dicionario/-/termo/%C3%A1rea)
Se o universo é espacialmente ''plano'', descoñécese se as regras da [[xeometría euclidiana]] serán válidas a maior escala. Hoxe en día moitos cosmólogos creen que o Universo observable está moi preto de ser espacialmente plano, con engurras locais onde os obxectos masivos distorsionan o [[espazo-tempo]], da mesma forma que a superficie dun lago é case plana. Esta opinión foi reforzada polos últimos datos do [[Wilkinson Microwave Anisotropy Probe|WMAP]], mirando cara ás "oscilacións acústicas" das variacións de temperatura na radiación de fondo de microondas.<ref>{{cita web |url=http://map.gsfc.nasa.gov/m_mm/mr_content.html |título=WMAP produces new results| lingua=inglés |dataacceso=8/07/2014}}</ref>
 
Por outra banda, descoñécese se o universo é [[conxunto conexo|conexo]]. O universo non ten cotas espaciais de acordo ao modelo estándar do [[Big Bang]], pero con todo debe ser espacialmente finito ([[Espazo compacto|compacto]]). Isto pódese comprender utilizando unha analoxía en dúas dimensións: a superficie dunha esfera non ten límite, pero non ten ununha área infinita. É unha superficie de dúas dimensións con curvatura constante nunha terceira dimensión. A [[3-esfera]] é un equivalente en tres dimensións no que as tres dimensións están constantemente curvadas nunha cuarta.
 
Se o universo fose compacto e sen cotas, sería posible, logo de viaxar unha distancia suficiente, volver ao momento de partida. Así, a luz das estrelas e galaxias podería pasar a través do universo observable máis dunha vez. Se o universo fose múltiplemente conexo e suficientemente pequeno (e dun tamaño apropiado, talvez complexo) entón posiblemente poderíase ver unha ou varias veces ao redor del nalgunha (ou todas) direccións. Aínda que esta posibilidade non foi descartada, os resultados das últimas investigacións da [[Radiación de fondo cósmico de microondas|radiación de fondo de microondas]] fan que isto pareza improbable.
9.234

edicións