Web 2.0: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Escola 2.0: nova referencia
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
== Historia ==
Franco mola Tim Bernes-Lee e Robert Cailliau inventaron a web o redor do ano 1990 e durante estas dúas últimas décadas sufriu unha evolución asombrosa. En outono de 2001 produciuse o estalido da burbulla tecnolóxica, o que provocou que moitas empresas desapareceran do mercado ou viran fortemente reducidas as súas expectativas, pero isto non pasou con todas. Algunhas sobreviviron e outras apareceron con novas ideas e novos modelos de negocio.  No ano 2004 dúas empresas do sector informático O’Reilly e MEdiaLive International, realizaron un brainstorming para analizar aquelas que superaran a crise e poder identificar as características claves do éxito; as que non o superaron foron denominadas “Web 1.0” e as que si, ou estaban tendo éxito nese momento, denomináronse “Web 2.0”. Definiron o término "Web 2.0" como unha segunda xeración na historia da web baseada en comunidades de usuarios e unha gama especial de servizos e aplicacións de internet que se modifican grazas a participación social (Palomo, R.; Ruiz, J.; Sánchez, J., 2008, p. 13).
 
No seu primeiro traballo O’Reilly non da unha definición de Web 2.0, así que cando se lle pediu esa definición enviou unha mensaxe o blog da súa empresa definíndoa. Afirmou que as aplicacións web 2.0 son aquelas que sacan partido as vantaxes intrínsecas da web, ofrecendo un servizo continuamente actualizado que mellora canto máis xente o use, empregando e remexendo os datos de múltiples recursos, incluíndo os usuarios individuais, a vez que ofrecen os seus propios datos e servizos de tal forma que poder ser reempregados por outros, creando unha “arquitectura de participación” na rede, indo máis alá da páxina da Web 1.0 para ofrecer experiencias de usuario cada vez máis ricas.