Defensores da Man Vermella: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Notas: Arranxos varios + Cda |
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/%C3%A1rea |
||
Liña 14:
Os '''Defensores da Man Vermella''' (en [[Lingua inglesa|inglés]]: '''Red Hand Defenders, RHD''') é un grupo paramilitar norirlandés creado en 1998 e composto principalmente de militantes [[protestantismo|protestantes]] partidarios da liña dura procedentes de [[Unionismo del Ulster|grupos unionistas]]. Está integrado por membros da [[Asociación de Defensa do Ulster]] e da [[Forza de Voluntarios Lealistas]], moitos dos cales son aínda membros destes grupos. En xaneiro de 2002, o grupo anunciou que os membros das escolas [[catolicismo|católicas]] de [[Belfast]] e os carteiros católicos eran obxectivos lexítimos. Malia os chamamentos de febreiro de 2002 da [[Asociación de Defensa do Ulster]] e da [[Forza de Voluntarios Lealistas]] para que anunciase a súa disolución, a RHD continúa a ameazar e a publicar reivindicacións de responsabilidade. A comezos de 2003, a RHD reivindicou a súa responsabilidade no asasinato de dous membros da Asociación de Defensa do Ulster como resultado do que é chamado descrito como unha guerra interna lealista. Tamén asumiu a autoría da colocación dunha bomba nas oficinas do [[Sinn Féin Poblachtach]] en [[Belfast]] Oeste que foi desactivada sen producir danos. Nos anos recentes, o grupo ten levado a cabo ataques contra obxectivos civís como vivendas, igrexas e negocios privados. En xaneiro de 2002, o grupo incendiou a vivenda dun funcionario de prisións en Belfast Norte.
Sóubose por vez primeira da RHD cando asumiu a autoría do atentado cunha granada caseira (coñecidas como "[[blast bomb]]s" en [[Irlanda do Norte]]) levado a cabo o [[7 de setembro]] de [[1998]] que matou a Frankie O'Reilly, un membro da [[Real Policía do Ulster]]. (Este ataque produciuse durante unha manifestación da [[Orde de Orange]] en [[Drumcree]] contra a decisión de non permitir á Orde para marchar a través
O grupo ten emitido declaracións que semellan estar inspiradas na [[Biblia]], [[Deuteronomio]], capítulo 7, versículo 2: "And the Lord thy God shall have delivered them to thee: thou shalt utterly destroy them. Thou shalt make no league with them, nor show mercy to them ... neither shalt thou make marriages with them."
|