Antonio Aguilar Correa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/circunscrici%C3%B3n
Liña 6:
 
== Traxectoria ==
Comezou aos 30 anos unha dilatada carreira política que o levaría a exercer destacados cargos públicos durante máis de medio século. Foi elixido deputado por vez primeira en novembro de 1854 pola circunscripcióncircunscrición de Córdoba, cando, durante o [[Bienio Progresista]], se celebraran comicios para formar [[Cortes Constituíntes]]. Militou na [[Unión Liberal (1858)|Unión Liberal]] fundada por [[Leopoldo O'Donnell]], de quen se converteu moi logo en seguidor e quen, a súa vez, nomeouno gobernador civil de Madrid ([[1858]]) e varias veces ministro nos seus segundo e terceiro gabinete: foi deste xeito ministro de Fomento entre 1861 e 1863, de Gobernación desde xaneiro de [[1861]] ata [[1863]] e, de novo, desempeñou o cargo de ministro de Fomento entre [[1865]] e [[1866]].
 
Falecido O'Donnell en [[1867]], Vega de Armijo pasou as filas políticas do xeneral [[Francisco Serrano Domínguez]], co que participou na preparación da [[Revolución de 1868]], que destronou a [[Isabel II de España|Isabel II]], iniciando o [[Sexenio Democrático]]. Embaixador en [[Francia]] en 1874, desde o comezo da Restauración militou en grupos que conformaron o [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]], que lideraba [[Práxedes Mateo Sagasta]]. Este nomeouno tres veces ministro de Estado (máximo responsable da diplomacia española): entre [[1881]] e [[1883]], desde [[1888]] ata [[1890]] e entre [[1892]] e [[1893]]. A mais, foi Presidente do Congreso en [[1898]], [[1899]], desde [[1901]] ata [[1903]], e, por último, en [[1905]].