Diferenzas entre revisións de «Hábitat»

Tradución do artigo en inglés, na en.wikipedia.org
(Tradución do artigo en inglés, na en.wikipedia.org)
 
Hai outros tantos exemplos de hábitats extremos onde existen formas de vida especialmente adaptadas. Van desde pozos de petróleo que conteñen organismos microbianos;<ref>{{cita libro | título = Petroleum fly |encyclopedia=Grzimek's Animal Life Encyclopedia |edición =2º | ano =2004 |volume = Volume 3: Insects |isbn=0-7876-5779-4 | editores =The Gale Group |páxina=367}}</ref> [[Augas termais|fontes termais]] a temperaturas de 71 °C nas que habitan [[cianobacteria]]s formando [[tapete microbiano|tapetes]]<ref>{{cita publicación periódica |autor1 = McGregor, G.B. |autor2=Rasmussen, J.P. |ano=2008 |título =Cyanobacterial composition of microbial mats from an Australian thermal spring: a polyphasic evaluation | xornal =FEMS Microbial Ecology |volume=63 |edición=1 |páxinas =23–35 |pmid=18081588 |doi=10.1111/j.1574-6941.2007.00405.x}}</ref>, fosas oceánicas de augas frías, con afloramentos de sulfuro de hidróxeno e metanos, e nos que viven desde bacterias a mexillóns asociados en simbiose cos organismos anaeróbicos;<ref>{{cita web| url=http://oceanexplorer.noaa.gov/explorations/10lophelia/logs/oct18/oct18.html | título = Gas-powered Circle of Life: Succession in a Deep-sea Ecosystem |autor = Hsing, Pen-Yuan |data = 18/10/2010 | obra =Lophelia II 2010 | editores =NOAA}}</ref> salinas con especies tolerantes ao sal como ''Wallemia ichthyophaga'', un [[Fungo (bioloxía)|fungo]] [[Basidiomicetos|basidiomiceto]];<ref name=Gostincar>{{Cita publicación periódica | apelidos1 = Gostincar | nome1 = C. | apelidos2 = Grube | nome2 = M. | apelidos3 = De Hoog | nome3 = S. | apelidos4 = Zalar | nome4 = P. | apelidos5 = Gunde-Cimerman | nome5 = N. | título = Extremotolerance in fungi: Evolution on the edge | doi = 10.1111/j.1574-6941.2009.00794.x | xornal = FEMS Microbiology Ecology | volume = 71 | edición = 1 | páxinas = 2–11 | ano = 2010 | pmid = 19878320}}</ref> capas de xeo da Antártida nas que habitan fungos de ''Thelebolus'' spp.<ref name=Gostincar/>; ou mesmo campos de neve nos que medran [[Fitoplancto|microalgas]].<ref>{{cita web | url = http://www-es.s.chiba-u.ac.jp/~takeuchi/snowalgae_ak.html | título = Snow algae on Alaskan glaciers | autor = Takeuchi, Nozomu | ano = 2014}}</ref>
 
==Cambios nos hábitats==
Ben por procesos naturais, ben por actividades da humanidade as paisaxes e os hábitats que teñen asociados cambian co paso do tempo. Os procesos xeolóxicos supoñen tanto mudanzas miúdas na xeomorfoloxía do territorio, que xorden de procesos como o levantamento tecnónico como o afundimento, como mudanzas bruscas por terremotos, esvaramentos de terra, tormentas, inundacións, incendios forestais, erosións do litoral costeiro, deforestación ou cambios no uso da terra.<ref name="Lindenmayer">{{Cita libro|autor1=Lindenmayer, David B. |autor2=Fischer, Joern |título=Habitat Fragmentation and Landscape Change: An Ecological and Conservation Synthesis |url=https://books.google.com/books?id=tpMKTIoJixMC&pg=PA1 |ano=2013 |editores=Island Press |isbn=978-1-59726-606-2|páxinas=1–10}}</ref> Tamén se dan cambios nos hábitats que os causan o uso agrícola do territorio, o turismo, a contaminación, a [[fragmentación de hábitats|fragmentación]] ou os procesos ligados aos cambios climáticos.<ref name="Miller">{{cita libro|autor1=Miller, G. Tyler |autor2=Spoolman, Scott |título=Living in the Environment: Principles, Connections, and Solutions |url=https://books.google.com/books?id=5gC9Dy1YWfkC&pg=PA193 |ano=2008 |editores=Cengage Learning |isbn=978-0-495-55671-8 |páxinas=193–195}}</ref>
 
A perda do hábitat é a maior ameaza para calquera especie. Se a illa na que vive a poboación dunha especie endémico deixa de ser habitable por algún motivo, esa poboación da especie extinguirase (agás que haxa cambios posteriores). De feito, calquera tipo de hábitat que estea rodeado por outro hábitat diferente pódese definir como unha illa, é un hábitat illado. Por cuestión de probabilidade, as pequenas poboacións polo xeral teñen unha diversidade xenética menor e teñen un maior risco de verse ameazadas pola depredación, a maior competencia interespecífica, por enfermidades ou catástrofes. A fragmentación de hábitats vese mellorada, en certa medida, grazas a presenza de corredores para a fauna que conecten as illas, ou pezas do territorio.<ref name="Miller" /> Eses corredores poden ser río, gabias, liñas árbores ou mesmo pasos subterráneo nas estradas.<ref name="Miller" /> Sen os corredores as sementes da flora non pode dispersarse de igual xeito e os animais, en particular os pequenos, non poden viaxar por ese territorio, hostil para eles; co que son poboacións máis expostas ao risco de extinción local.<ref name="holland2008">{{cita publicación periódica |autor1=Holland, Matthew D. |autor2=Hastings, Alan |ano=2008 |título=Strong effect of dispersal network structure on ecological dynamics |xornal=Nature |volume=456 |páxinas=792–794 |doi=10.1038/nature07395}}</ref>
 
A perturbación dos hábitats poden chegar a ter efectos a longo prazo nos ecosistemas. A herba americana ''Bromus tectorum'' introduciuse en Europa e converteuse en invasora. Produce unha alta cantidade de detritos inflamables e está adaptada aos lumes. Por iso, esta planta sobrepasa en taxas de supeviviencia a outras especies locais despois dos incendios, e convértese en dominantes sobre destas.<ref name="Brooks 2004 677–688">{{cita publicación periódica|apelidos1=Brooks |nome1=M.L. |apelidos2=D'Antonio |nome2=C.M. |apelidos3=Richardson |nome3=D.M. |apelidos4=Grace |nome4=J.B. |apelidos5=Keeley |nome5=J.E. |apelidos6=DiTomaso |nome6=J.M. |apelidos7=Hobbs |nome7=R.J. |apelidos8=Pellant |nome8=M. |apelidos9=Pyke |nome9=D. |ano=2004 |título=Effects of invasive alien plants on fire |xornal=BioScience |edición=7 |páxinas=677–688 |doi=10.1641/0006-3568(2004)054[0677:EOIAPO]2.0.CO;2 |volume=54}}</ref> Un exemplo mariño son as poboacións dos ourizos de mar. Teñen taxas de crecemento elevadas en determinados momentos e son quen de desprazar as macroalgas dos fondos do litoral que ocupan. Cando dominan unha área do litoral son quen de permanecer ata anos dominando e iso ten un efecto na cadea trófica local. Incluso, cando as altas densidades do ourizo de mar fan que aparezan maiores taxas de mortaldade por enfermidades, as algas que os van a reemprazar son aquelas con altas taxas de crecemento.<ref>{{cita libro|autor=Lawrence, John M. |título=Sea Urchins: Biology and Ecology|url=https://books.google.com/books?id=B322HrCUvNEC&pg=PA196 |ano=2013|editores=Academic Press |isbn=978-0-12-397213-2 |páxinas=196–202}}</ref>
 
==Hábitat monotípico==
Un hábitat monotípico é aquel o que unha soa especie de animal ou planta é tan dominante que exclúe practicamente a todas as demais especies. Un exemplo son as plantacións de cana de azucre, que se plantan, queiman e recolectan e para as que se empregan herbicidas que matan as herbas e controlan os invertebrados.<ref name="Guanajibo">{{cita libro|título = Rio Guanajibo river basin flood protection project, Mayaguez, Hormigueros, San German: environmental impact statement | autores = United States. Army. Corps of Engineers | ano = 1994 |url=https://books.google.com/books?id=3jk0AQAAMAAJ&pg=PA94-IA29 |ano=1994 |páxina=94}}</ref>
 
Algunhas especies invasoras son quen de crear espazos monotípicos nos que substitúen e/ou impiden que outras especies, especialmente as locais, medren. Unha colonia dominante pode ocorrer grazas á liberación de produtos químicos retardantes que exudan, pola monopolización do consumo ou aproveitamento de nutrientes ou espazo, a carencia de especies que as consuman. Outro hábitat monotípico son aqueles producidos en lugares para a conservación ou exposición de especies nun xardín botánico, un zoolóxico ou similar. Malia a que o nome suxire a presenza dunha única especie, esa especie pode crear hábitats ou condicións que determinen que outras especies coexisten no hábitat que ocupa. Como exemplo, nos hábitats acuáticos nos que aparecen leitos da planta acuática ''[[Hydrilla]]'' aparece unha fauna rica en macroinvertebrados, similar a doutro hábitat politípico ou variado. Porén, esa especie afecta a macrofauna que as habita e varios hábitats de Hydrilla poden acoller a diferentes conxuntos de especies.<ref name"theel2008">{{cita publicación periódica |autor1=Theel, Heather J. |autor2=Dibble, Eric D. |autor3=Madsen, John D. |ano=2008 |título=Differential influence of a monotypic and diverse native aquatic plant bed on a macroinvertebrate assemblage; an experimental implication of exotic plant induced habitat |xornal=Hydrobiologia |volume=600 |páxinas=77–87 |doi=10.1007/s10750-007-9177-z }}</ref>
 
==Véxase tamén==
3.607

edicións