Conquistadores casteláns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxar por lanzar. Arroxar tornar cor roxa. Lingua
Liña 63:
Autores como [[Jared Diamond]] resumen as causas da vitoria de Pizarro (paradigma da conquista española) en "''tecnoloxía militar baseada en armas de fogo e aceiro e cabalos, enfermidades infecciosas endémicas en Eurasia, tecnoloxía marítima europea, a organización política centralizada dos Estados europeos, e na escritura''".<ref>Jared Diamond, ''Guns, germs and steel'', 1997, ISBN 0-09-930278-0, pg. 80.</ref> Neste último sentido, Diamond explica que os erros de xuízo de Atahualpa e [[Moctezuma]], que lles levaron a ser enganados polos españois debíanse a que estes pertencían a unha sociedade alfabetizada que, grazas á escritura, tiña á súa disposición un enorme corpus de coñecemento sobre o comportamento humano e a súa historia, algo do que carecían as nacións americanas. Con respecto ás afirmacións de Jared Diamond, hai que ter en conta que as sociedades mesoamericanas descubriran a escritura varios milenios antes da chegada dos españois.
 
== A repartición de América entre as nacións europeas ==
=== Factores que favoreceron á conquista española ===
A colonización europea de América iníciase a finais do [[século XV]] logo de que [[Cristovo Colón]] chegase en [[1492]] co mecenado da [[Coroa de Castela]]. A partir de aí, o [[Imperio Español]], o [[Imperio Portugués]], o [[Imperio Británico]], Francia e Holanda, conquistaron e [[Colonización|colonizaron]] algúns territorios e poboacións que xa habitaban o continente, sendo o español o imperio máis extenso.
 
O Imperio Español e o Imperio Portugués foron os primeiros en realizar a conquista, e asentáronse principalmente en Norteamérica, Centroamérica e na área andina de Sudamérica (imperios Azteca e Inca, respectivamente).