Vítor Manuel III: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
engado táboa
Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Victor Emmanuel III of Italy - Project Gutenberg eText 13955.jpg|miniatura|dereita|200px|Victor Manuel III en [[1893]].]]
 
'''Vittorio Emanuele Ferdinando Gennaro Maria di Savoia-Carignano''', que reinou baixo o nome de '''Vítor Manuel III''', nado en [[Nápoles]] o [[11 de novembro]] de [[1869]] e finado en [[Alexandría]], [[Exipto]], o [[28 de decembro]] de [[1947]], foi o rei de [[Italia]] entre o [[29 de xullo]] de [[1900]] e o [[9 de maio]] de [[1946]].
 
== Primeiros anos de reinado ==
[[Ficheiro:Victor Emmanuel III of Italy.jpg|200px|miniatura|Víctor Manuel III]]
 
Sucedeu ao seu pai, [[Humberto I]], en [[1900]] cando este morreu asasinado en Monza. Recibiu, coma era frecuente nos príncipes da súa época, formación militar (debido á súa baixa estatura, 1'53m., houbo que cambiar a lexislación castrense a este respecto) e mostrou especial interese polos asuntos da milicia. Durante o seu reinado, Italia, coma o resto das potencias europeas, tratou de conformar un imperio colonial e aumentar o seu territorio nacional o que levou ao país a verse envolto en varios conflitos: nun primeiro momento mantivo a [[Guerra Ítalo-Turca]] en [[1911]]-[[1912|12]], logo participou na [[Primeira Guerra Mundial]] ([[1915]]-[[1918|18]]) no bando aliado, máis tarde na [[Guerra de Etiopía]] ([[1935]]-[[1936|36]]) e tamén na [[Guerra Civil española]] en apoio do bando franquista liderado por [[Francisco Franco]] ([[1936]]-[[1939]]).