Diferenzas entre revisións de «Kahoolawe»

 
As guerras entre [[illa de Hawaii|Hawaii]] e Maui afectaron a Kahoolawe. Os primeiros europeos xa explicaban que a illa estaba deshabitada e sen recursos de auga ou madeira. Tras a chegada dos misioneiros, o rei [[Kamehameha III]] substituíu a pena de morte polo exilio e, entre [[1830]] e [[1853]], Kahoolawe foi unha colonia penal, cunhas condicións moi duras pola falta de alimentos e auga.
 
Os intentos de explotación gandeira terminaron provocando a desertización da illa. Na [[Segunda Guerra Mundial]], o exército norteamericano ocupou Kahoolawe e utilizou a illa como campo de adestramento, especialmente para desenvolver as tácticas de asalto dunha illa. Acabada a guerra seguiuse utilizando a illa como branco de adestramento das forzas aéreas. Por iso coñécellacoñécese popularmente como ''The Target Island'' ou a "Illa Branco".
 
Entre [[1976]] e [[1990]] diversos activistas estiveron loitando para que se suspendesen os adestramentos con lume real, para que se protexesen os restos históricos e para que se restaurase o [[ecosistema]] da illa. Finalmente, en [[1994]] transferiuse a illa ao estado de Hawai, baixo o control da Kaho´olawe Island Reserve Comission. Hoxe en día aínda se está limpando o terreo de pezas de artillería sen estoupar.