Pobo búlgaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 57:
Reunidos baixo a autoridade dun tsar, constitúen un segundo imperio búlgaro: o ''khanato búlgaro do Volga'', na actual república autónoma do [[Tatarstán]]. Dótanse dunha capital, chamada ''Bolgar'' ou ''Bulgar'' e teñen un “Estado” independente ata [[1236]]–[[1238]], data na que a súa capital resulta destruída pola [[horda de Ouro]].
 
Ata esa data, os búlgarosprotobúlgaros do Volga permanecen unidos, sen dúbida mesturados con poboacións eslavos e [[finougrios|finougrias]]. Teñen contactos con algunhas tribos turcas e co [[califato]] [[dinastía Omeia|omeia]]. Algúns deles podían daquel aseren cristiáns, musulmáns ou pagáns.
 
En [[922]] o seu tsar [[Almuch]] (ou ''Almos'') converteuse ao [[islam]] e toma o nome de ''Jaffar''. Nesta ocasión, ten lugar unha embaixada árabe: un dos seus membros, [[Ahmad ibn Fadlan]], deixou no seu relato ''Viaxe onda os búlgaros do Volga'' un dos raros testemuños escritos sobre os búlgaros do Volga. Durante a embaixada árabe, atópanse e descríbense un certo número de pobos turcos, pero en ningún momento Ibn Fadlan os relaciona cos búlgaros nin fai tan sequera alusión a lazos de parentesco, nin remarca similitude de lingua ningunha.