Moeda da Antiga Roma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Particularmente durante a maior parte da [[República Romana]] e na metade occidental do [[Imperio Romano]], baseouse nun sistema constituído polo [[áureo]] ([[Lingua latina|lat.]] ''aureus'', "[[ouro]]"), o [[denario]] (lat. ''denarius'') e o [[sestercio]] (lat. ''sestertius''), de [[prata]], e o [[dupondio]] (lat. ''dupondius'') e o [[ás]], de [[bronce]], nunha [[aliaxe]] máis ou menos rica en [[cobre]] en función das épocas.
[[Ficheiro:Aes Signatum C des M.jpg|miniatura|''[[Ás|Aes signatum]]'' de [[Roma]], coa figura dun [[Vaca|boi]]. Fin do [[Século -IV|século IV a. C]]. Lonxitude: 15 [[Centímetro|cm]]. Peso: 1,4 [[Quilogramo|Kg]]. [[Gabinete de Medallas de París]].]]
O áureo, que, por mor do seu alto valor, funcionaba máis como unidade de conta que como moeda efectiva, valía 25 denarios (estímase que cara á fin da República un denario equivalía ao [[salario]] diario dun [[traballador]]). Un denario valía 5 dupondios ou 10 ases (en [[-118|118 a. C.]], o valor do denario foi reaxustado a 16 ases). Un dupondio valía 2 ases, e 1 sestercio valía 4 ases. Estas moedas usáronse desde mediados do [[Século -III|século III a. C.]] ata mediados do [[Século III|século III d. C]]. Nese século, a reforma de [[Caracalla]] substituíu o denario polo denario dobre, máis coñecido como [[antoniniano]] (lat. ''antoninianus''), o cal, pola súa vez, desapareceu na reforma do sistema monetario de [[Diocleciano]], que creou denominacións como o [[arxénteo]] (lat. ''argenteus''), de prata, e o ''[[follis]]'', de bronce prateado. Posteriores reformas, como a de [[Constantino I o Grande|Constantino]] de [[324|324 d. C.]], estableceron o [[sólido (moeda)|sólido]] (lat. ''solidus''), de ouro, dividido en 3 [[tremis]] ([[Lingua grega antiga|gr]]. ''Τρεμίσσης ''-''tremissis''-; lat. ''tremis'') ou en 24 [[silicua (moeda)|silicuas]] (lat. ''siliqua''), o [[miliarense]] (lat. ''miliarensis''), de prata, e algunhas denominacións menores de bronze. Estas últimas moedas son as que estiveron en circulación ata a [[Decadencia do Imperio Romano|fin do Imperio Romano de Occidente]].<ref>Vázquez Hoyos, Ana M. "[http://www2.uned.es/geo-1-historia-antigua-universal/ROMA/sistema_monetario_romano.htm Sistema monetario romano]". Universidad Española de Educación a Distancia (UNED)</ref><ref>Cartwright. "[https://www.ancient.eu/Roman_Coinage/ Roman Coinage]". En ''Ancient History Encyclopedia''. 2013.</ref>
== A moeda na República Romana ==