Reis Católicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Pobos indíxenas de América
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 4:
Os '''Reis Católicos''' foi a denominación que recibiron os reis [[Fernando II de Aragón]] e [[Isabel I de Castela]], [[Monarca|soberanos]] da [[Coroa de Castela]] ([[1474]]-[[1504]]) e da [[Coroa de Aragón]] ([[1479]]-[[1516]]).
 
Os Reis accederon ao [[trono (monarquía)|trono]] de Castela trala [[Guerra de Sucesión Castelá]] ([[1475]]-[[1479]]) contra os partidarios da [[princesa]] [[Xoana a Beltranexa]], filla do rei [[Henrique IVIIV de Castela]]. En [[1479]] Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei [[Xoán II de Aragón]]. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en [[1504]]. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla [[Xoana I de Castela|Xoana]], alcumada "[[Xoana a Tola|a Tola]]", e ao seu marido [[Filipe I de Castela|Filipe de Austria]], alcumado "[[Filipe I de Castela|o Fermoso]]", [[Arquiduque]] de [[Arquiducado de Austria|Austria]], [[ducado de Borgoña|duque de Borgoña]] e [[Condado de Flandres|conde de Flandres]]. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en [[1506]] e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en [[1516]].
 
A [[historiografía]] [[España|española]] considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da [[Idade Media]] á [[Idade Moderna]]. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na [[dinastía]] dos [[Casa de Trastámara|Trastámara]], dúas coroas: a [[Coroa de Castela]] e a [[Coroa de Aragón]] dando nacemento ao [[Imperio Español]] e, apoiados polas cidades e a pequena [[nobreza]], estableceron unha [[monarquía]] forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do [[Reino de Granada]], do [[Reino de Navarra]], de [[Canarias]], de [[Melilla]] e doutras [[prazas de soberanía|prazas africanas]] conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman [[España]] –exceptuando [[Ceuta]] e [[Olivenza]] que entón pertencían a [[Portugal]]–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.