Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Traxectoria: retiro {{ortografía}}
Liña 44:
 
== Traxectoria ==
{{ortografía}}
=== Infancia e educación ===
Afonso era o fillo primoxénito de [[Fernando III de Castela|Fernando III de Castela e León, o Santo]] e de Elisabeth von [[Hohenstaufen]], máis coñecida como [[Beatriz de Suabia]], que era filla de [[Filipe de Suabia]], rei de [[Alemaña]], e neta do emperador [[Federico I Barbarroxa]]). Para encargarse da súa crianza foi designada como ama Urraca Pérez e como aio [[García Fernández de Villamayor]], que fora mordomo da raíña [[Berenguela de Castela|Berenguela]] e cuxa segunda esposa era Maior Arias de Limia. Con ambos os esposos criouse en [[Villaldemiro]] e en [[Celada del Camino]].<ref>Afonso X afirmaba que estes ''me criaron e me fezieron muchos servicios e sennaladamiente... me criaron en Villaldemiro e en Celada''.</ref>{{Harvnp|Valdeón Baruque|2003|p=15}} Parte da súa infancia pasouna nas propiedades que tiñan os seus coidadores na comarca de [[Allariz]], concretamente no [[castelo de Maceda]] onde, segundo a tradición, aprendeu o [[lingua galega|galego]].<ref name=":0" /><ref>[http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=7251&langId=gl_ES Castelo de Maceda], en Galicia. O bo camiño. Xunta de Galicia.</ref><ref>Alfoso X: ''Cantigas de Santa María, códice rico de El Escorial. Ms., escurialense T. I. 1'', ed. de José Filgueira Valverde. Madrid: Castalia, 1985, p. XI. ISBN 978-84-7039-446-1.</ref> que utilizou nas ''[[Cantigas de Santa María]]'' compostas no seu ''scriptorium'' e, polo menos dez delas, seguramente debidas ao mesmo rei.<ref>Alfoso X: [http://books.google.es/books?id=38pQxcNEM6wC&lpg=PP1&client=firefox-a&pg=PA17#v=onepage&q=&f=false ''Cantigas de Santa María''. Vol. 1 (1-100)], ed. de Walter Mettmann. Madrid: Castalia (Clásicos Castalia), 1986, pp. 17-20. ISBN 978-84-7039-441-6.</ref> Xa na Corte de Toledo recibiu unha esmerada educación en múltiples campos, á vez que empezou a relacionarse cos herdeiros das principais familias nobres dos reinos de Castela e de León.