Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 217:
Desde a súa xuventude, antes de 1252, data en que foi coroado rei, o príncipe Afonso, ademais de escribir [[cantigas de escarnio]] en [[galego-portugués]] e, moi probabelmente, algúns himnos de loor a [[Virxe María]], auspiciou a tradución dun [[libro]] de [[conto]]s exemplares (o ''[[exemplum|exempla]]'') en castelán: o ''[[Calila y Dimna]]''.
 
Xa maior, mandou chamar á súa Corte a [[trobador]]es como o [[Xénova|xenovés]] que escribía en [[occitano]] e galego-portugués [[Bonifaci Calvo]], os [[Cataluña|cataláns]] [[Arnaut Catalán]] e [[Cerverí de Girona]], os franceses [[Guiraut Riquer]] e [[Peire Cardenal]] e os [[Galicia|galegos]] [[Airas Nunes]], [[Pero da Ponte]] e [[Afonso Eanes do Coton]]; tamén houbo poetas hispanohebreos famosos que lle dedicaron eloxgioseloxios en verso, como o toledano [[Todros Abulafia]], autor dun vasto [[cancioneiro]] composto durante o seu reinado, aínda non traducido ao español. Até [[Giovanni Boccaccio]] úsao como personaxjepersonaxe central no primeiro conto da última xjornadaxornada do seu ''[[Decamerón]]'', onde alabalouva a súa xenerosidade.<ref>''Cf''. Carlos Alvar, ''La poesía trovadoresca en España y Portugal''. Madrid: Editorial Planeta, Real Academia de Buenas Letras, 1977 e Joseph F. O'Callaghan, ''The Learned King: The Reign of Alfonso X of Castile''. Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993.</ref>
 
Da extensa obra afonsí destacan:
Liña 227:
* O ''[[Libro dos xogos]]'' sobre temas lúdicos ([[xadrez]], [[dado]]s e tabas, [[deporte]]s da nobreza daquel tempo.
 
A intervención do rei foi ás veces directa e ás veces indirecta, pero indudabelmente foi sen dúbida o arquitecto destas obras:
{{Cita|El rey faze un libro non por quel él escriva con sus manos mas porque compone las razones d'él e las emienda et yegua e endereça e muestra la manera de cómo se deven fazer, e desí escrívelas qui él manda. Peró dezimos por esta razón que el rey faze el libro.|Afonso X o Sabio, ''General estoria'' I, f. 216r.}}
 
Liña 234:
{{Cita|E después lo endereçó e lo mandó componer este rey sobredicho, e tolló las razones que entendió que eran sobejanas e dobladas e que non eran en castellano derecho, e puso las otras que entendió que cumplían, e quanto al lenguaje endereçolo él por sí. E en los otros saberes ovo por ayuntadores a maestre Joan de Mesina e a maestre Joan de Cremona e a Yhudá el sobredicho e a Samuel. E esto fue en el año XXV de su reinado.}}
 
Afonso convocou para este labor a un conxunto de sabios en linguas [[idioma hebreo|hebrea]], [[idioma árabe|árabe]] e [[latín|latina]], cos que formou o seu ''scriptorium'' real, coñécidocoñecido de forma imprecisamenteimprecisa como [[Escola de Tradutores de Toledo]]. Contou coa colaboración de [[Cristianismo|cristiáns]], [[Xudaísmo|xudeus]] e [[musulmán]]s, que desenvolveron un importante labor científico ao rescataren textos da antigüidade e ao traducir textos árabes e hebreos ao latín e ao castelán. Estes traballos habilitarían definitivamente ao castelán como lingua culta, tanto no ámbito científico como no literario. Desde o seu reinado, ademais, utilizarase como lingua da chancelería real fronte ao [[latín]], que era a lingua de uso regular na diplomacia rexia de Castela e de León.
 
Tamén creou en Sevilla uns ''Studii'' ou Escolas xerais de latín e de arábigo. Igualmente fundou en 1269 a Escola de Murcia, dirixida polo matemático [[Al-Ricotí]].