Hecatonquiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxar por lanzar. Arroxar tornar cor roxa.
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxar por lanzar. Arroxar tornar cor roxa.
Liña 1:
[[Ficheiro:(2) Flaxman Ilias 1793, gestochen 1795, 185 x 251 mm.jpg|miniatura|dereita|300px|Talla de 1793, obra de Tommaso Piroli (1752 – 1824) a partir dun debuxo de [[John Flaxman]], empregada nunha edición da ''[[Ilíada]]'' de [[1795]]: Tetis invoca a [[Briareo]].]]
[[Ficheiro:Ell-Ekatogheires.ogg|miniatura|dereita|300px|Pronuncia do nome.]]
Na [[mitoloxía grega]] os '''Hecatonquiros''' ou '''Hecatonqueros''' (en [[lingua grega|grego]] Έκατόνχειρες ''Hekatonkheires'' ou Έκατόνταχειρας ''Hekatontakheiras'', 'os de cen mans'), coñecidos tamén como '''Centimanos''' (do [[lingua latina|latín]] ''Centimani''), eran [[xigante]]s con cen brazos e cincuenta cabezas, fillos de [[Gaia]] e [[Urano (mitoloxía)|Urano]]. O seu pai arroxounoslanzounos ao [[Tártaro (mitoloxía)|Tártaro]], pero foron rescatados por [[Crono]], ao que axudaron a castrar e derrocar a Urano. Tras axudar a Crono, este encerrounos de novo no Tártaro, onde permaneceron gardados por [[Campe]] ata que [[Zeus]] os rescatou. Durante a [[Titanomaquia|Guerra dos Titáns]], lanzaban rocas de cen en cen aos [[Titáns]].
 
Ao terminar a guerra os Hecatonquiros establecéronse en palacios no río [[Océano (mitoloxía)|Océano]], converténdose nos gardiáns das portas do Tártaro, onde Zeus encerrara aos Titáns. Na ''[[Ilíada]]'' hai unha historia, que non se atopa en ningún outro sitio, que conta que nalgún momento os deuses estaban intentando derrocar a Zeus, e este chegou a ser encadeado por [[Hera]], [[Atenea]] e [[Poseidón]], pero fracasaron cando [[Tetis (nereida)|Tetis]] invocou aos Hecatonquiros e estes acudiron na súa axuda. Ás veces considéraselles deidades do mar, e poida que proveñan dos ''pentekonter'', barcos con cincuenta remeiros.