Sarna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadido o nome "raña"
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 24:
O principal síntoma é o proído, que aumenta o seu efecto durante as noites e coa calor. O proído está causado pola reacción alérxica do corpo ante o parasito, que se manifesta con pequenos grans, bochas e pequenas úlceras con bostelas. Non causa [[febre]], a menos que exista infección.
 
As lesións máis típicas son os sucos, liñas grisáceasagrisadas e sinuosas de 1 a 15 mm de longo, que son o reflexo exterior da galería escavada na [[epiderme]] pola femia co fin de desovar, e as vesículas perladas, do grosor dunha cabeza de alfinete, producidas pola secreción do parasito. As lesións predominan nos pulsos, as caras laterais dos dedos e das mans, os cóbados e as nádegas, esténdense a todo o corpo. Algunhas localizacións son electivas, e non necesariamente presentes: no home, o [[prepucio]] e a [[glande]] (chancro escabioso); na muller, a [[aréola]] (fóra da lactación, as lesións bilaterais de ambas as mamas fan pensar na sarna); no neno e o lactante, a planta dos pés.
 
A escabiose pode ir acompañada por lesións inducidas por [[microbio]]s (piodermite, linfanxite etc.). Pola súa banda, nas persoas limpas non se traduce máis que por un mínimo de síntomas e non é prurixinosa. Porén, é igualmente contaxiosa.